30 de abr. de 2012

CULTURA


PALLASOS EN REBELDIA E O FISAHARA ÚNENSE NA IX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CINE DO SAHARA 

Despois do enorme éxito da gala solidaria do pasado 22 de abril en Madrid, unha delegación de Pallasos en Rebeldía, encabezada por Iván Prado, viaxará aos campamentos de refuxiados saharauís para actuar dentro da programación do FISAHARA 2012.

O próximo 1 de maio dará comezo no campamento de refuxiados de Dajla, unha nova edición do FISAHARA, que este ano contará coa participación de Pallasos en Rebeldía. Ambas entidades únense para apoiar mediante a cultura e a risa á poboación saharauí que vive nun exilio forzado desde fai décadas.

A delegación, encabezada por Iván Prado, director do Festiclown Palestina e portavoz de Pallasos en Rebeldía, realizará espectáculos de maxia, clown, roda alemá e malabares, ademais de pasarúas (neste caso “pasaarenas”) durante algunhas das actividades programadas nesta IX edición FISAHARA.

Iván Prado, estará acompañado por algúns dos artistas participantes no Festiclown Palestina: o acróbata Anselmo Siesto (da Cia Kanbahiota), o mago Pablo Muñoz (da Cia Good Idea Company), a malabarista e zancuda Andrea Floriach (delegada de Pallasos en Rebeldía en Eivissa) e Ernest Vila.
  
Concretamente Pallasos en Rebeldía actuará durante a proxección de curtos infantís (o mércores, venres e sábado), realizará un “pasaarenas” o xoves pola mañá con zancos, maxia e malabares, ademais de presentar e animar o concerto das dunas, dun grupo de música saharauí, o venres pola noite, entre outras actividades.
  
Camiñando cara a un “Festiclown Sahara”

Iván Prado e os catro artistas que lle acompañarán embárcanse nesta viaxe de fraternidad humana a través da risa tamén co obxectivo de estudar sobre o terreo a viabilidade de realizar un Festiclown Sahara.
 Despois do rotundo éxito do Festiclown Palestina (realizado en setembro de 2011), Pallasos en Rebeldía non descansa no seu afán de levar o espírito revolucionario da
risa e do clown a quen máis o necesitan, neste caso os nenos/as saharauís confinados no deserto alxerino desde fai xa 37 anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario