6 de abr. de 2012

ARBO

SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE A LAMPREA




Manuel Ángel Pombal Diego / Arbo

Do 20 ao 22 de abril vaise celebrar no concello de Arbo un seminario internacional acerca da lamprea, que é convalidable por un crédito ECTS para todas as titulacións da Universidade de Vigo. O seminario está organizado polo concello de Arbo e polos grupos de investigación Neurolam e GIEEA da Universidade de Vigo, coa colaboración do proxecto europeo Deltanet e da propia Universidade de Vigo. O programa desenvolverase no museo do viño e de interpretación da lamprea (ARABO), situado no centro do citado municipio.
O principal obxectivo do seminario éachegar ao conxunto da sociedadeos principais resultados das investigacións arredor do mundo das lampreas que se están a desenvolver en varias institucións tanto galegas como portuguesas. De feito, o evento contará con expertos na materia das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Lisboa, así como do CIIMAR da Universidade de Porto que abordarán diferentes aspectos relacionados coa bioloxía e a ecoloxía destes curiosos animais. Aínda que no prato ten moitos seguidores, pódese dicir, sen medo a esaxerar, que a lamprea é unha gran descoñecida para o público en xeral, pero ten enorme interese para moitos científicos e estudosos da vida nos ríos galegos, como é o caso do río Miño.
O programa inclúe 11 conferencias, unha visita guiada ao río Miño, a proxección de dous documentais (un deles producido polo investigador do Instituto de Investigacións mariñas pertencente ao CSIC, Manuel E. Garci e o outro pola Asociación Naturalista do Baixo Miño -ANABAM-), e unha mesa redonda na que se tratará o pasado, presente e futuro da pesca da lamprea. O coloquio contará con representantes das asociacións de pescadores do Río Miño (de Tomiño e de Melgaço), e da asociación de pescadores O Trabadoiro (de Arbo).
Os interesados poden realizar a inscrición ou obter máis información en: http:/economiaecoloxica.uvigo.es ou nos enderezos electrónicos: ecoecoagro@uvigo.es ou pombal@uvigo.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario