O CENTRO DEMOCRÁTICO
LIBERAL DA GUARDA OPTA POLO FOMENTO DA BICICLETA
CDL / A Guarda
Dentro das tarefas dun grupo de goberno
está en fomentar o deporte, para elo non fae falta apuntarse a fútbol, remo,
baloncesto, baloman, etc., etc. Basta con que
o grupo de goberno teña as ganas de facelo. Están moi ben as actividades que
dende a concellería de deportes se levan a cabo co nome de “andainas”. Pero non
todo o mundo pode facelas.
Da a casualidade que dentro de moi pouco
a Xunta de Galica, vai a dar por rematada a obra do carril para bicicletas que
une os concellos de Baiona, Oia, O Rosal e a Guarda. Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda vimos
a suxerir, que se opte por a política que veñen facendo dende as grandes
cidades como Barcelona ou Madrid e incluso aquí como o concello de Baiona, en
fomentar o uso da bicicleta como se facía antano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario