6 de abr. de 2012

PEDORNES (OIA)

GOLFIÑOS NA PROA
Nova exposición no Centro Cultural de Pedornes




Manuel Ángel Pombal Diego / Pedornes

A asociación Cultural e a asociación de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración coa asociación naturalista do Baixo Miño (ANABAM) e a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) organizan a exposición que leva por título “Golfiños na Proa”. A exposición consta de 10 paneis de 85 X 205 cm nos que se fai un interesante percorrido polo fabuloso mundo dos cetáceos en primeira persoa. 


Algúns dos aspectos mais salientables que seabordan son a súa evolución, a súa presenza no mundo e en Galicia, especies e abundancia nas nosas costas, así como as principais características anatómicas, hábitat ou dieta das especies mais doadas de observar, tales como os golfiños, os arroaces, as toniñas, as baleas, os cachalotes ou os caldeiróns. Unha coidada iconografía con fotografías, debuxos, gráficos e esquemas amosan de forma didáctica e resumida moitas das súas características morfolóxicas e outros aspectos tales como a súa abundancia e a súa distribución, tanto nas costas galegas como no mundo.
Así mesmo, os visitantes son agasallados cun exemplar do caderno de campo que leva por título “Especies mariñas ameazadas: cetáceos e aves”, editado recentemente pola CEMMA


Ningún comentario:

Publicar un comentario