Carlos Villanueva
Vicedirector do IES de Tomiño
O pasado venres 16 de marzo, o alumnado do IES de Tomiño celebrou o día da árbore.
Esta efeméride leva celebrándose no noso centro dende hai xa bastantes anos, pero nesta edición foron os propios alumnos os encargados da organización.
Os responsables foron os alumnos de 1º e 2º curso do Ciclo de Actividades Forestais, que actuaron de monitores dos seus compañeiros máis novos, o alumnado de 1º de ESO. A actividade consistiu na realización dun roteiro que incluiu probas e preguntas relacionadas coas árbores, a identificación das diferentes especies e os traballos de silvicultura. A través da superación das diferentes probas, coa guía dos seus monitores, os nenos e nenas de 1º de ESO foron avanzando ata chegar ao lugar no que levaron a cabo a prantación de diferentes especies de árbores en varios espazos do propio Instituto e da Comunidade de Montes de Tomiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario