23 de mar. de 2012

PONTEVEDRA


O PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO PERMITIRÁ A CONTRATACIÓN DE 800 TRABALLADORES DURANTE SEIS MESES

Cada concello recibirá un fixo de nove e outros en función das súas necesidades e dos servizos mancomunados


A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, o Plan Provincial de Emprego 2012 que este ano permitirá contratar entre 800 e 1.000 persoas para realizar labores de interese xeral nos concellos da provincia durante 6 meses.

Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a medida suporá queperto de 1.000 familias terán garantizada a chegada dunha nómina ao seu domicilio. Os contratos formalizaránse o 1 de abril e serán para persoas en paro. Serán seleccionadas polas oficinas do servizo público de emprego, con criterios de mérito e capacidade.

Son contratos a tempo parcial, de 25 horas semanais. A Deputación financiará o 100% do custe salarial da man de obra que se contrate. Traballarán en acondicionamento, limpeza e mellora de zonas ambientais; conservación e mantemento de infraestruturas; reposición, recuperación e adecuación das praias e a outras funcións que os concellos precisen cubrir estes meses.

Cada concello terá dereito a 9 traballadores. O persoal restante, ata cubrir os 800-1.000 serán distribuídos entre os concellos con menos recursos en función das súas necesidades e primando ós que opten pola xestión conxunta de servizos. Tamén se priorizarán as necesidades dos concellos costeiros polas necesidades especiais que teñen no verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario