Históricas manifestacións contra a reforma laboral
Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. As estimacións sumadas das centrais convocantes falan de 200 mil persoas en Vigo, 100 mil na Coruña, 40 mil en Compostela, 40 mil en Ferrol, 25 mil en Pontevedra, 15 mil en Ourense, 15 mil en Lugo ou 8 mil en Vilagarcía. Cifras que as policías locais de cada cidade rebaixan, pero que seguen sendo elevadas e por exemplo en Vigo o Concello ofrece unha cifra total de 105 mil manifestantes, e na Coruña o cómputo oficial é de 60 mil persoas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario