13 de mar. de 2012

A GUARDA


O BNG esixe un compromiso firme do Goberno español co ferry A Guarda-Caminha


O BNG insta ao PSOE e ao PP a deixarse de xogos co ferry e a porse a traballar por un proxecto definitivo tal e como sempre demandamos”

Infogauda / A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego ve con preocupación as declaracións que aparecen en prensa nas que se fala da necesidade dun dragado maior para evitar a paralización do ferry A Guarda-Caminha.

O BNG xa manifestou no seu momento que había que tratar unha solución definitiva e non de parches como o último dragado que agora se amosa insuficiente para manter o servizo do ferry.

“Para o BNG é incomprensíbel que un dragado que custou tantos cartos dure apenas uns meses, alguén ten que dar explicacións sobre como se fixo este dragado”, afirmou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG na Guarda.

Para os nacionalistas hai que tomarse en serio a realización dun proxecto de viabilidade do servizo, tendo en conta a riqueza ambiental do estuario do Miño, así como a actividade pesqueira que se realiza. Haberá que afrontar aspectos como canal de navegabilidade idóneo, tipo de embarcación, .....

Resulta, cando menos, sospeitoso as présas do Sr. Alcalde da Guarda, que mentres gobernaban os seus compañeiros en Madrid, votou en contra da moción que presentou o BNG solicitando un compromiso firme polo ferry. A pesar de todo, o BNG da a benvida ao cambio de posición do alcalde do PSOE que agora coincidindo coa presenza do PP no Goberno español, pide con urxencia unha solución definitiva.

Dende o BNG instamos ao Goberno español do PP a que acelere a realización dun proxecto que poña unha solución definitiva ao servizo de ferry A Guarda-Caminha, poñendo as mesmas présas que tiñan cando estaban na oposición en Madrid.

Un dragado no río Miño que prexudica ao ferry

O BNG tamén denuncia o dragado que se está a facer nas inmediacións dos “asteleiros do Castro”, que están a verter as areas e os lodos preto do canal do ferry recentemente dragado acelerando a súa degradación, segundo as informacións que lle fixeron chegar pescadores do río ao portavoz do BNG.

O BNG vai solicitar aclaracións sobre este punto, sobre todo, despois do investimento de cartos públicos na mellora da canle do ferry.

Ningún comentario:

Publicar un comentario