10 de xan. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA DANOS EN CAMINOS DO MONTE SANTA TREGA


Danos en Camiño das 14 revoltas

Este camiño, con máis de douscentos séculos de historia, foi derramado soamente en dous anos pola actuación de motos, bicis e unha máquina. A reconstrucción do camiño non reporá o seu presumible estado orixinal, pois xa se perderon as pegadas da súa construcción, probablemente de época castrexa, e a información arqueolóxica que poderían aportar obxectos que se atopasen nunhas futuras escavacións con criterios científicos.

Danos en Camiño que sae do depósito da Cal

Este camiño servía a fincas particulares; alongouse para chegalo ata a Volta ao monte. A pendente, nalgún tramo, pasa do 50%. Pola estructura do camiño e pola súa pendente, nalgúns tramos, este vieiro non puido servir para camiñar nin para baixar con carros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario