CONVERXENCIA GALEGA
Diante as distintas e diversas declaracións que están aparecendo nos medios de comunicación, (alguna delas fora de lugar e bastante folclórica), queremos deixar claro, que dende o mes de SETEMBRO DO 2011, concretamente dende o día 26, esta organización política, remitiu escritos o SERPRONA, DELEGACION PROVINCIAL DE MEDIO RURAL, DELEGACION PROVINCIAL DE MEDIO AMBIENTE e XEFATURA TERRITORIAL DE PATRIMONIO, uns a traverso do Portelo Único e outros por Correo Certificado que textualmente dicen:
“Nos últimos meses deste ano, leváronse a cabo distintas intervencións no Monte Santa Trega, nas que sen poñer en dúbida se contou ou non cos respectivos permisos e controis por quen corresponde, a realidade é que no mesmo se fixo unha desfeita, nas que consideramos que non estiveron a altura das circunstancias aquelas entidades que deberán vixiar o cumprimento da lexislación vixente.
Os danos e destrozos ocasionados nos camiños, muros, parapetos, zonas de contención de terras, sufriron tales danos que poñen en risco a seguridade da zona, xa que una vez entrada a tempada de choivas, pode provocar deslizamentos de consecuencias impredecibles.
As fotografías que acompañan a este escrito, reflexan as claras o que non debe ser una intervención nún monte, e moito menos nun espacio protexido e especial como é o caso do Monte Santa Trega.
Asimesmo nas zonas de tala, os restos das mesma, quedaron abandoadas xustificando que ditos restos co paso do tempo poden servir como abono, una disculpa que non se sostén, e que durante o verán, foi un foco perigoso e de risco en caso de incendio.
Despois de distintas conversas, npon se coñece ningún tipo de plan de reforestación, polo que a agresión feita o monte, non ten xustificación.
Por todo elo, vimos a solicitar a intervención da distintas entidades que teñenresponsabilidadeco cuidado e protección do Monte a fin de que se tomen as medidas oportunas con respecto a esta acción.
Asinado: Celso R. Fariñas
Tamén queremos deixar claro, que xa dende algunha dependencia da Xunta tomou medidas sobre o asunto, abrindo o séuc orrrespondente expediente, xa que así no lo expresaron por escrito fai algún tempo.
AGRUPACION LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA (A GUARDA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario