A PÁXINA WEB DO CONCELLO DE A GUARDA CONTINÚA DESINFORMANDO
Infogauda / A Guarda
A páxina web do Concello de A Guarda continúa sen actualizar. E non será porque desde Infogauda non informásemos oportunamente dese feito, xa que probablemente fomos o úneco medio de comunicación social que deixou constancia da non actualización da información referida á composición da Corporación Municipal, non xa da precedente, que tamén, senón da actual. Desde a primeira vez que deixamos constancia diso xa pasaron varios meses, e a pesares de que o pasado día 11 de xuño tomaron posesión os concelleiros electos, a páxina web do concello guardés segue desinformando, pois a día de hoxe, continúan figurando como concelleiros, persoas que xa non son. Tamén figura un equipo de goberno que non se corresponde co actual. Por se fora pouco, a composición das Comisións Informativas, habería que califica-la de Comisións Desinformativas, porque algúns dos seus membros nin están na corporación municipal nin se lles agarda. Velaí uns exemplos:
Sen chegar a saber o motivo que pode agocharse neses feitos, que podería calificarse de contumacia desinformativa, coidamos que para ter unha páxina así, non fai falla - por exemplo - que haxa un concelleiro de novas tecnoloxías -que non deixa de ser unha denominación moi rimbombante, e probablemente non pasa diso, pero nada máis -, porque a vista está que de pouco val.