Infogauda / Goián
Que os concelleiros e cárregos públicos en xeral, deberían andar máis a pe, é algo que vimos afirmando desde fai anos, é a verdade semella como predicar no deserto. E decir, sermón perdido.
Algúns persoeiros públicos somentes andan a pe, cando lles convén, e así non é de estranar que ano tras ano, persistan problemas - ata que irremediablemente se produza unha desgraza - que ainda sendo doados de arranxar, semella que por descoñecemento - queremos pensar que o caso que imos comentar pode encadrarse nese suposto - ou por desidia - que tamén podería ser - non se poñen os medios para correxir algunhas situacións que poden causar problemas de integridade física a calquer veciño da zoa ou cidadán, en xeral. E logo de acontecer a desgraza non valen lamentacións. Primeiro porque o resultado da desgraza non terá doada solución, e ademáis, porque probablemente á responsabilidade do percance recairá na institución municipal - neste caso o concello de Tomiño - que podería ser decrarado civilmente responsable e con elo verse na obriga legal de proceder a abonar á correspondente indemnización económica á víctima ou a seus lexítimos herdeiros. Iso sábeno ben, ou deberan sabe-lo, tódolos cárregos públicos, e para evitar tódolos inconvintes deberían pór máis celo nos seus respectivos cometidos, que para iso, en maior ou menor grau teñen esa responsabilidade desde o intre en que foron investidos como concelleiros.
O caso que nos ocupa ten doada solución se hai vontade para elo. A imaxe reflicte o lugar onde pudemos observar in situ, a existencia - na cuneta situada fronte ó acceso á vivenda alí existente - de uns buratos no chán, parcialmente ocultos polas herbas, onde calquer transeúnte pode mancarse o camiñar por ese lugar. Por iso, desde Infogauda pregamos que sen máis demora, o concelleiro correspondente - danos igoal que sexa o de Urbanismo, o de Obras ou a de Seguridade e Tráfego - do Concello de Tomiño, teñan á amabilidade de inspeccionar o lugar e unha vez comprobada á existencia dos buratos que "ameazan" á integridade física dos peóns - en xeral - e veciños do lugar - en particular -, proceder - como primeira medida - a sinalar eses perigos, e decontado pórlle remedio o problema que indicamos. Como confiamos en que así se fará, non teremos ningún inconvinte en deixar constancia delo tan axiña como o perigo latente sexa suprimido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario