A meirande feira ecolóxica de Galicia
17 e 18 de decembro en Arzúa
Esta mañá veu de renovarse o “compromiso do Concello de Arzúa cos valores da ecoloxía e o medioambiente”. Así o salientou o alcalde do municipio, José Luís García López, que estivo acompañado pola concelleria de Medio Ambiente, Natalia Pereira Rey, e Manuel Roxo, desde Coperactiva Cultural, na presentación da VIII edición da Feira Ecolóxica arzuana, a celebrar no Reninto Feiral Terra do Queixo os días 17 e 18 de decembro.
Neste sentido, o rexedor indicou que a proposta 2011 aposta “por unha programación centrada no respecto á Terra, á educación ambiental e á posta en valor da nosa cultura tradicional” tanto no que se refire á relación coa natureza como á relación entre as persoas (referíndonos á nosas expresións culturais tradicionais e modos de produción e comercio), indicou. “Estamos a falar da programación máis comprometida do país neste sentido, e das máis comprometidas de todo o Estado”, quixo subliñar García López.
Serán 2 días nos que “poderemos soñar e crer en termos un tanto desacreditados como a idea de sostenibilidade, de respecto á Terra”, engadiu, ao tempo que “poderemos coñecer novas experiencias novedosas no camiño da reutilización, do aforro enerxético, da reciclaxe…”, concluía o alcalde.
Reducir, Reciclar e Reutilizar
Este é o lema deste ano. 3 termos que “nunca deberían caer no esquecemento” e “cada vez máis necesarios á par que esquecidos”, apuntaba García López, quen indicou que “desde o Concello e a Feira Ecolóxica queremos volver facer fincapé neles, máis ainda nas datas nas que nos atopamos”, nas o “consumo cobra un protagonismo que non entende de Redución, nin de Reciclaxe nin de Reutilización”, matizaba José Luís García.
“Terractiva non é un centro comercial”
Ao fío das palabras do rexedor arzúan se expresou Manuel Roxo, responsable de organización por parte de Coperactiva Cultural (entidade xestora da Feira). Neste sentido, indicou tamén que estamos “diante dunha alternativa de consumo directa e sen intermediarios” e que procura ser “respectuosa coa contorna e a cidadanía”.
Implicación da comarca, formación e lecer activo e respectuoso
Os grupos de música tradicional da comarca como as Cantareiras de Arzúa, Os Melidaos e o grupo de gaitas de Castro Curbín darán boa conta de pasarrúas, ambientación da feira e do xantar popular amenizando a Feira e as rúas de Arzúa, “co que se reactiva a implicación das veciñas e veciños da zona” sen esquecer os grandes Espido e Xabier Díaz e Cé Orquestra Pantasma.
Pola súa banda, e tal e como indicou Natalia Pereira, concelleira de Medio Ambiente, nesta oitava edición da Feira Ecolóxica de Arzúa, outro dos pratos fortes que podemos destacar desta edición da Feira ecolóxica de Arzúa é o apartado formativo, ofertando este ano a totalidade de 11 obradoiros durante a fin de semana cunha ampla variedade de temáticas, abríndose á participación de máis persoas. Entre eles podemos atopar biodanza, cociña vegana e dietética chinesa, consumo responsable, coaching creativo, elaboración artesanal do queixo e a manteiga..., etc.
Ademais, o Mago Teto con “O afiador” (maxia), Bagunça teatro con “Que máis da!” (teatro forum), Babaluva con “Lume” (títeres e contacontos), Os sete magníficos máis un con “Policías tolos” (Clown, animacións teatrais), Avelino González (Miñato en Padre Casares) cun contacontos e Peter Punk con “Peter Punk e o neno imperdible” (Clown, humor e malabares) son só algunhas das mellores propostas de lecer na fin de semana da Feira Ecolóxica.

Ningún comentario:
Publicar un comentario