13 de dec. de 2011

O ROSAL




FASE FINAL DO CONCURSO DE COMPOSICIÓN DE PASODOBRES 25º ANIVERSARIO AGRUPACION MUSICAL DO ROSAL





Monserrat Domínguez Otero / O Rosal






O pasado 10 de decembro de 2011 ás 20,00 h. celebrouse no auditorio do Rosal a fase final de concurso de composición de pasodobres convocado con motivo da celebración do 25 aniversario da banda de música Agrupación Musical do Rosal. A Agrupación Musical do Rosal interpretou os cinco pasodobres finalistas, que previamente foran seleccionados polo xurado de entre os 21 recibidos, que se presentaron cos seguintes lemas:




Rosal de Plata




Amparo




Buena Cosecha




Música facta est




Alalimón




A orde de interpretación estableceuse segundo a orde de recepción das composicións.


Tras a interpretación dos pasodobres o xurado formado por Javier Viceiro Filgueira, Juan Lois Diéguez e Xosé Manuel Collazo Verde, retírase a deliberar e procédese á votación do público.


Mentres a banda interpreta a segunda parte do concerto procédese ao reconto de votos do público e tamén dos músicos que xa votaran previamente.


Tras a finalización do concerto procédese á entrega de premios:


Premio "Terras Gauda" patrocinado por Adegas Terras Gauda por valor de 2.000 € , concedido polo xurado ao pasodobre Musica facta est do compositor Anxo Antonio Montes Abalde (Ponteareas - Pontevedra)


Premio do público asistente ao concerto, patrocinado pola Fundación O Rosal por valor de 600 € ao pasodobre Alalimón do compositor Josep Miquel Martínez Giménez (Quart de les Valls - Valencia)


Premio dos compoñentes da Agrupación Musical do Rosal patrocinado pola Fundación O Rosal por valor de 600 € ao pasodobre Musica facta est do compositor Anxo Antonio Montes Abalde (Ponteareas - Pontevedra).


Os outros pasodobres finalistas foron:


Rosal de Plata, de Andrés Pérez Fernández (Teo - A Coruña)


Buena Cosecha, de Francisco José Martínez Galego (Torrent - Valencia)


Amparo, de Bernardo Adam Llagües (Paterna - Valencia)


Segundo estipulan as bases do concurso ao pasodobre gañador "Musica facta est" outorgaráselle o nome que decida a Agrupación Musical do Rosal, sendo o nome elixido "Terras do Rosal".


Desde a organización queremos agradecer a todos os compositores a súa participación neste concurso. Así mesmo agradecer a Adegas Terras Gauda e á Fundación O Rosal o seu patrocinio e a colaboración das demais entidades públicas e privadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario