3 de set. de 2011

PONTEVEDRA

FIGUEROA AFIRMA QUE O DESTINO TURÍSTICO DAS RÍAS BAIXAS RESISTIU Á CRISE PERANTE O MES DE AGOSTO CUNHA OCUPACIÓN DO 76,68%



Infogauda / Pontevedra


O vicepresidente da Deputación e presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, asegurou onte que o Destino Turismo Rías Baixas “resistiu a crise perante o mes de agosto, cunha ocupación do 76,68%”. Segundo informou, a previsión estimada de ocupación era de entre o 65 e o 70% polo que dixo “están superadas as previsións, aínda que cun lixeiro descenso en relación a agosto do 2010 que recordou era ano Xacobeo”.

Á espera de realizar un balance completo de todo o verán, Figueroa adiantou debemos estar en torno ós 3 millóns de pernoctacións e un millón de visitantes.

José Manuel Figueroa afirmou que dente Turismo Rías Baixas “estamos razoablemente satisfeitos xa que aínda que os resultados de Xullo non foron os esperados debido ó mal tempo e á crise, perante o mes de agosto se cumpriron os obxectivos”. Así, para Figueroa “o mes de agosto compensou ó mes de xullo que tivo unha ocupación do 53,76% cun descenso do 13% con respecto ó 2010”. Comparativamente, apuntou o responsable de Turismo, “o mes de agosto supera en 23 puntos o mes de xullo”; e rexistrou unha ocupación total na ponte do 12 ó 15 de agosto”.

Os comportamentos de todas as zonas turísticas son moi positivos, afirmou Figueroa, polo que consideramos “ás Rías Baixas como un destino de calidade consolidando que vamos a seguir potenciando”. Precisamente, o presidente de Turismo Rías Baixas considera que as campañas de promoción e proximidade realizadas en colaboración con Anfaco e coa DO Rías Baixas deron un resultado moi positivo.

Finalmente, Figueroa deu a coñecer o perfil do turismo nacional que está en torno ó 92% ( principalmente de Madrid Valencia Biscaia, Barcelona e Valladolid) e do internacional que chega ó 7,57% ( Francia e Reino Unido maioritariamente).

O gasto medio oscilou entre os 50 e os 90€ e a estancia media tamén baixa respecto a 2010. Asemade, o sistema de reserva dos actual é de última hora.

Segundo Figueroa, de cara ó mes de setembro prevese unha alta ocupación no turismo rural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario