3 de set. de 2011

A GUARDA

O CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL DA GUARDA RECLAMA A COLOCACIÓN DO RÓTULO IDENTIFICATIVO DA RÚA JULIA VAQUERO DA GUARDA ASI COMA MELLORAS NESTA RÚA GUARDESA



Veciños da Rúa Julia Vaquero de A Guarda veñen reclamando dende fai anos a colocación dos rótulos identificacivos co nome deste vial ante instalacións municipais sen que, de momento, se realizara a colocación dos mesmos.
Segundo puidemos comprobar cun veciño desta rúa do centro da vila de A Guarda, dende o 8 de Agosto de 2008, data na cal presentou o primeiro escrito perante a Policía Local, e despois de haber presentado outros catro escritos máis nos seguintes anos, o Concello de A Guarda non realizou a colocación dos mesmos, polo que a rúa Julia Vaquero aparece aínda a día de hoxe sen nome.

E dado que e unha rúa que transita moito tráfico e a seguridade deixa moito que de sear. Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda vimos a suxerir a este concello que:
1. Que da forma máis axiña posible se coloque as placas de dita rúa.
2. Que se eleven os pasos de peóns.
3. Que a isleta que hai na baixada dende a rúa Rosalía de Casto que se dote dun xardín.


Xermán Cordero Verde
Presidente e Voceiro Municipal do CDL – A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario