3 de set. de 2011

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN PROPONDO VARIAS ACTUACIÓNS NO ESTEIRO DO MIÑO PARA EVITAR SÚA COLMATACIÓN POR SEDIMENTOS







Lamentablemente vemos que un dos poucos elementos que dinamizan o noso marco económico, como é o Ferry entre as Vilas de Caminha e A Guarda hoxe está en perigo de remata-lo seu servizo por falta de operatividade da súa canle de navegación, pola colmatación por sedimentos procedentes da zona alta do cauce fluvial.

No Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2.010-2.015 no se artigo 59º,2 obrigase as empresas xestoras dos embalses a descarga-los sedimentos das presas, os cales certo tempo despois rematan no esteiro; en resumo eles o que fan e desviarnos o problema para nós.

Dado que no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2.010-2.015 hai un orzamento de +838 millóns de €, polo cal dado que o río Miño é competencia deste organismo, debe ser este ente quen aporte gran parte da financiación necesaria para sufraga-los custes da extracción dos áridos, para manter operativa a canle de navegación do Ferry.

No Convenio de cooperación para a protección e aproveitamento sostible das augas das concas hidrográficas hispano-lusas de Albufeira do 30 Novembro de 1.988, modificado polo Protocolo de Revisión de Madrid e Lisboa do 4 Abril de 2.008, abre un marco xurídico para que o Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2.010-2.015, no se artigo 12º,2 falase de elaborar un Plan de Ordenación do Estuario Internacional do río Miño. Hai que traballar que se faga efectivo este Plan de Ordenación e no mesmo recóllase o necesario mantenimento da canle de navegación do Ferry e das outras existentes no esteiro do río Miño.

A outra parte do problema é a base legal para a extracción de áridos nos ríos, na Lei de Costas (Lei 22/1.988) non prohibe totalmente a extracción de áridos, pois no seu artigo 29º deixa aberta a porta a permiti-la extracción dos mesmos nos tramos finais dos seus cauces fluviais; polo tanto para darlle un marco xurídico de legalidade a extracción necesaria que necesitamos para manter operativo a canle de navegación do Ferry, só é necesario facer un pequeno engadido ó artigo 29º da Lei 22/1.988, para que quede escrito que permítese a extracción de áridos nos tramos finais fluviais para manter operativos as canles de navegación.

Así con estas dúas liñas de traballos xurídico administrativas damos unha solución legal ó problema da extracción de áridos, e por outro lado propomos unha posible solución á financiación da extracción.

Dianta desta situación, Converxencia Galega vimos a presentar para o seu debate e aprobación o PLENO MUNICIPAL como solución a problemática sobre o tema do Ferry entre Caminha e A Guarda que se adopten as seguintes medidas:
1º) Solicitar que por parte do Congreso dos Deputados procédase a facer unha modificación na Lei 22/1.988, Lei de Costas, na que se faga un engadido ó seu artigo 29º; para que no tramo final dos cauces fluviais deberán manterse operativos as canles de navegación, para o cal permitirase a extracción de áridos por parte de Administración ou Organismo público competente, ou outra fórmula de cooperación.
2º) Solicitar que por parte do Congreso dos Deputados procédase a facer unha modificación na Lei 22/1.988, Lei de Costas, que se faga un engadido nunha disposición adicional ou artigo, para que os áridos extraídos nos mantenimentos das canles de navegación, sexan de uso obrigatorio na rexeneración de praias.
3º) Solicitar que no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2.010-2.015. En base ó seu artigo 12º elabórese un “Plan de Ordenación do Esteiro Internacional do río Miño”. Para que as extracción de áridos da canle de navegación formen parte das actuacións desta entidade pública e aporten financiación.

A Guarda, a 2 de setembro do 2.011


Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira-Portavoz do Grupo Municipal
CONVERXENCIA GALEGA-A GUARDA


Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda


Ningún comentario:

Publicar un comentario