Infogauda / Camposancos
Continuando coa nosa labor informativa sobor da problemática do ferri Caminha-Camposancos, xerada, en primeira instancia, pola desidia dalgúns persoeiros con representación pública, que visto o visto, unha vez máis deixan ben craro que non teñen peso político algún, e así coa súa pacata actuación contribuiron a que o ferri encaiase, non somentes na area que atranca o leito do río Miño, no seu derradeiro tramo, senón na política dalgúns incompetentes, os que non lles doe nin A Guarda nin o Baixo Miño; deseguido reproducimos a moción presentada no Concello de A Guarda, por José Antonio González Morais, voceiro de Esquerda Unida, na que se plantexan varias alternativas a ter en conta, se os políticos de unha e outra beira do río, queren.
A moción de Esquerda Unida di o seguinte:
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
MANTEMENTO DO FERRI EN CAMPOSANCOS
A política actual (PP, Nacionalistas e PSOE), é suprimir os servizos sociais e demagóxicamente apoian o AVE, Aeroportos sen avións, 3 Aeroportos na nosa Nación,...etc., que é un mal uso dos cartos públicos que fai o Estado e Xunta, e so beneficia a políticos, executivos, adinheirados en prexuízo do tren clásico que une a pobos e cidades, encontra da ciudadanía.
Dende a recen ditadura democrática, o concello Guardés estivo dirixido pola extrema dereita, que nada fixeron polo pobo guardés, tendo unha oposición caótica e podemos resumir en que os políticos guardeses sesteaban e os de Tominho traballaban.
O actual gobernillo Guardés fai como Pilatos, esconde a realidade de que o Ferri é un servizo non rendible económicamente. Lembrar que o proxecto fíxose mal, realizando unha canle contra natura, mal acceso de embarque e desembarque,...etc. Moitos apúntanse a defensa deste servizo e nos parece ben, pero Esquerda Unida lémbrase que moitos de vostedes criticaron a Estación Marítima de Camposancos.
A oposición burguesa, ACIGU,...etc., so fan demagoxia e non explican os custos e “beneficios”, menten cando afirman que ou Ferri xenera o 70% de ingresos dá economía local.
Non é certo que ou Ferri sexa o punto de contacto entre Portugal e A Guarda, xa que a 10 Km, temos a ponte Amizade (Goian), que é o punto permanente mais preto entre os dous países.
Fai moi pouco tempo os que están na oposición baixaron os calzóns e as bragas ante o PSOE e actualmente din que os do gobernillo son inoperantes, isto é coherencia ou incompetencia da inútil oposición, con abstencións e ausencia de dous concelleiros.
O PP é o máximo culpable desta situación, xa que Feijó so fai recortes sociais, marxinando a cidadanía, dicir de paso que todos son sabedores de que este servizo é precario, sen futuro. A situación económica é moi grave e de momento ninguén sabe cando toca fondo.
Dende Esquerda Unida decimos que é un servizo necesario, pero non prioritario para moitos cidadáns dá Comarca Minhota.
¿Quén pon os cartos para o dragado ante o fracaso do capital? ¿Cándo teremos os límites fronteirizos claros? ¿Cándo as distintas administracións se porán de acordo, e deixaran de culparse unhas a outras?.
Dende Esquerda Unida solicitamos:
- Que as distintas administracións implicadas se ponhan de acordo ca Xunta de Galicia para manter este servizo cumprindo as Leis vixentes.
- Que a canle fose cambiada de lugar en sentido favorable das correntes de subida e baixada das augas para que o custo do dragado sexa menor.
- Orzamento permanente do dragado con participación das dúas Nacións Portugal, Galicia e con axuda do Goberno Espanhol.
- Que se rexenere o monte baixo de Camposancos ca area extraída do río Minho, con control medioambiental.

A Guarda a 05 de setembro 2011.
Asdo.: José Antonio González Morais

Ningún comentario:
Publicar un comentario