O CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DE O ROSAL ACOLLE DENDE ONTE UN CURSO DE CAIXEIRA E REPOÑEDORA ORGANIZADO POLA DEPUTACIÓN DENTRO DO PROGRAMA ACTÍVATE
O Centro Social Polivalente do Concello de O Rosal acolle un curso de "Caixeira e repoñedora" organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra no marco do Programa Actívate. O deputado Provincial, Pablo Baquero, foi o encargado de recibir e saudar ás alumnas na presentación deste curso, totalmente gratuíto e de 30 horas de duración.
Pola súa banda, o Centro Sociocultural de A Merced de Cambados acolle un curso de "Prevención de Riscos Laboaris" que foi inaugurado polo deputado provincial responsable da comarca do Salnés, Jorge Domínguez; o Centro Cultural de Ponte Caldelas de Informática, neste caso presentado pola deputada Ana Isabel Vázquez; e finalmente a Sala de Exposicións do Teatro Principal de A Estrada un curso de "Coidado de Persoas Maiores no fogar".
Formación para 2.200 xóvenes
Esta iniciativa está enmarcada na terceira edición do Programa «Actívate» que posibilitará que 2.200 persoas de entre 16 e 35 anos poidan complementar a súa formación en diversas materias a través de cursos totalmente gratuítos.
Con esta acción a Deputación contribúe á formación dos mozos en materias que poidan facilitarlles a inserción no mercado laboral especialmente naquelas disciplinas nas que existe un nicho de mercado emerxente. No marco desta iniciativa poñeranse en marcha accións formativas en materias como mecánica do automóbil; atención ó público; primeiros auxilios, coidado de persoas maiores; prevención de riscos laborais, informática, galego, inglés; linguaxe de signos; poda e xardinería, caixeira e repoñedora; corte e confección; técnicas de relaxación e educación ou reparacións domésticas: fontaneiro, albanel e carpinteiro, etc..
A Deputación destina a este plan 80.000 euros. Actívate ofrece un total de 73 cursos de 30 horas de duración. En cada curso participarán unha media de 30 persoas.
O Programa «Actívate» posibilitou a formación de 4.000 mozos nas súas dúas primeiras edicións que sumados ós 2.200 participantes da terceira edición sumará un total de 6.200 mozos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario