O BNG de Oia alerta de que os problemas internos do grupo municipal do PP pon en perigo o goberno local

O grupo municipal do PP non consegue aprobar a asignación de salarios no pleno celebrado hoxe, ante a abstención de tres dos seus seis concelleiros
Infogauda / Oia
O Pleno de Organización do Concello de Oia celebrado hoxe, a orde do día incluía os seguintes puntos: Aprobación da acta da sesión de constitución do día 11 de xuño de 2011; constitución dos grupos políticos e nomeamento dos portavoces dos mesmos; aprobación da periodicidade das sesións do Pleno da Corporación; creación da Xunta de Goberno Local (XGL) e a delegación de competencias na mesma; aprobación da Comisión Informativa especial de contas; designación de representantes municipais nos Consellos Escolares e na Mancomunidade do Baixo Miño; resolución da Alcaldía de nomeamento de Tenentes de Alcalde e recoñecemento de adicacións exclusivas e parciais.
O recoñecemento das adicacións exclusivas e parciais, foi punto no que quedaron en evidencia os problemas internos do grupo municipal do PP, xa que a proposta do Alcalde, Alejandro Rodríguez, foi recoñecer unha adicación exclusiva para sí mesmo por un importe bruto de 45.135,04 €/ano e unha adicación parcial ó concelleiro de Vías e Obras, Eugenio Portela, por un importe bruto de 20.062,68 €/ano. Ante esta proposta tres concelleiros do PP, Camilo González, Carmen María Estevez e José Albino Diego, abstivéronse na votación, deixando deste xeito sen salario ós seus compañeiros de filas, Alejandro Rodríguez e Eugenio Portela, xa que BNG e PSOE votaron en contra da proposta do Alcalde.
Para o portavoz do BNG, o PP manifestou a súa falta de vontade democrática na aprobación da periodicidade dos plenos, xa que a proposta do Alcalde é a celebración de sesións ordinarias do Pleno da Corporación, cada tres meses, concretamente o último venres de febreiro, maio, agosto, e novembro, ás 11 horas. O portavoz do BNG propuxo que os plenos se celebren cada mes, reducindo proporcionalmente a asignación por pleno, para que o aumento da periodicidade non supoña un incremento de custe para as arcas municipais. J. Miguel Giráldez manifestou que os horarios das sesións plenarias tamén deberían respecta-lo dereito da veciñanza a poder asistir, e fixo a proposta de que os plenos se celebren ou ben os venres a partir das 20:00h ou ben os sábados pola maña. Con isto facilitaríase que os/as veciños/as interesados/as nos temas que se debaten nos plenos puidesen acudir.
Chama a atención a diferenza de criterio dentro do grupo municipal do PP, xa que no referido a periodicidade dos plenos todos os concelleiros do PP están de acordo, pero non están de acordo nos salarios dos membros do goberno municipal, isto manifesta claramente que o que menos lle interesa ó PP é e participación cidadán na vida municipal e a gobernabilidade do Concello, xa que dan prioridade ás súas asignacións económicas por encima do interese da veciñanza. Maniféstanse tamén os problemas internos do grupo municipal do PP, que agora se vai perder tempo buscando solución para esta crise política interna en vez de buscar solucións as grandes prioridades de Oia; auga municipal, saneamento integral, PXOM, recuperación do mosteiro, posta en valor de petróglifos e xacementos arqueolóxicos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario