22 de xul. de 2011

O ROSAL

I CAMPIONATO MIXTO DE FUTBOLÍN FESTAS DO PILAR
O ROSAL, 2011





A Asociación Sociocultural “Os Cabaqueiros do Futbolín” organizará en colaboración co Concello do Rosal os días 23 e 24 de xullo na Praza do Calvario o I CAMPIONATO MIXTO DE FUTBOLÍN FESTAS DO PILAR 2011, no que o sábado ofrecerán un concerto os grupos musicais THE WINNING NUMBERS (A Guarda) e 5+1 (O Rosal). O domingo clausurarase o Campionato de Futbolín coa actuación do dúo humorístico OS CAMPELOS.






PROGRAMA




SÁBADO 23 DE XULLO
Ás 15:45 horas pecharase o prazo de inscrición para participar no Campionato de futbolín.
Ás 16:00 horas, Presentación oficial das Festas do Pilar e do I Campionato Mixto de Futbolín.
I Torneo de lanzamento de avionciños de papel (que se “construirán” na propia Praza do Calvario).
I Campionato de “Piedra, papel, tijeras”, coa versión “Piedra, papel, tijeras, lagarto, Spock” para os máis atrevidos.
Ás 23:00 horas Concerto a cargo de:
GRUPO 5+1 & FRIENDS (O Rosal)
THE WINNING NUMBERS (A Guarda)



DOMINGO 24 DE XULLO
Ás 16:00 horas: fase final do I Campionato Mixto de Futbolín
Ás 19:00 horas: actuación do dúo humorístico rosaleiro OS CAMPELOS

NOTA: Tanto sábado como domingo haberá na Praza do Calvario dúas monitoras de tempo libre para realizar divertidas actividades cos nenos/as (globoflexia, debuxo, manualidades, etc). Seguindo os estatutos e obxectivos da Asociación, darase preferencia en todos os actos á xente do Rosal e do Baixo Miño. Reservado o dereito de admisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario