22 de xul. de 2011

O ROSAL

MILA CASTRO EXPÓN SÚAS CREACIÓNS PICTÓRICAS NO SALÓN DA LIGA DE AMIGOS



Infogauda / O Rosal


Nestes días en que O Rosal se dispón a celebrar ás Festas do Pilar, á artista Mila Castro expón súas creacións pictóricas no salón da sociedade Liga de Amigos.

Mila Castro amósanos unha diversidade de cadros de diversas temática - paisaxes, bodegóns, ... - pintados ao óleo, así como prendas téxtiles e diversos traballos sobre vidro, que levan súa persoalísima impronta artística inxenuista.

A exposición está aberta a tódolos públicos, e poderá visitarse o longo desta fin de semana festiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario