31 de xul. de 2011

A GUARDA

OS 4 FANTÁSTICOS XA TEÑEN SALARIOS




No pleno do venres 29 de xullo aconteceron unhas cantas cosas que cabe comentar. En primeiro lugar, quero aclarar que a miña postura con respecto ás abstencións segue e seguirá sendo a mesma, NON me parece unha posición aceptable. Son simplemente chicaneos políticos para non definirse claramente, para non adoptar posturas diante do pobo e quedar así no cuarto da saúde. Dáme igual quen se absteña, eliximos aos nosos representantes para que se declaren a favor ou en contra de cada tema e fágano no noso nome, e non para que digan NON OPINO.
En canto á abstención da concelleira de CG, dicir que NON me pareceu acertada a súa postura con respecto ao tema dos salarios, xa que se os números daban unha cifra parecida ao que eles propuxeran, porqué non votar a favor? E se non era ese o caso, entón por que non votar en contra?
Máis aló desa cuestión, aclarar que o noso alcalde e o seu séquito xa teñen salarios, aínda que CG hubese votado en contra, porque o que si é absolutamente incomprensible é que a propósito do tema de relevancia que se ía a tratar neste pleno, DOUS CONCELLEIROS do PP estivesen ausentes, e en ningún momento a súa ausencia fose xustificada polo seu portavoz. Estrano non? Cheira mal o aire que vén da sede do PP, algo se anda cociñando.
É dicir, claramente debemos ao BNG coa súa decisiva abstención, o regalar ao PSOE a alcaldía desta lexislatura, e ao PP coa significativa ausencia de dous dos seus concelleiros, os soldos que ten o noso alcalde e a súa corte, ademais de ver como CG non quere mollarse no tema.
O que se foi evidente neste pleno é que houbo:
- Chicaneos e vaivéns dun BNG que o único que quere é protagonismo e non facer unha oposición coherente e informada.
- Unha CG que non adopta unha postura clara e prefire os grises.
- Un PP fragmentado e como sempre sen saber de que vai o tema se non lle envían o guión dende Santiago.
-E un PSOE chulesco que aínda non se decatou de que están en minoría por falta de apoio da xente que cada día cre menos nas súas mentiras.
Aínda que non me agrade o que se viu, cabe dicir que era imprescindible chegar a algún acordo salarial, non podemos estar sen gobernabilidade como ata agora. Estancados en debates que o único que fan é paralizar o funcionamento adecuado do concello.

ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

1 comentario:

  1. Con todo o respeto Mosquit@, non sexas mintireir@ e non trates de explicar o inexpicable.
    ¿Non será que os que gobernan teránte atad@ con algo que non queres que sepa, xa que dispóis de moitos anos atacándote,calumniándote, desprestixiándote e queréndote meter no trullo,e agora poste de rodillas, achantas, calas e deixas que sigan gobernando de peor en peor?.
    Non te escodas en seudónimos e quen sexas di con nome e apellidos.
    Toñito Uris, o de Quisqueya.

    ResponderEliminar