O CASTELO DE SANTA CRUZ: UN PATRIMONIO QUE OS GUARDESES QUEREN COÑECER E DISFROITAR SEN MÁIS DEMORA

Infogauda / A Guarda
Logo de ler as decraracións de intencións do grupo chamado de goberno do concello de A Guarda, sobor do Castelo ou Fortaleza de Santa Cruz, consideramos que a algúns políticos o "valor" se lles supón, porque despois de catro anos de estaren en postos de responsabilidade municipal, ben pouco, por non decir nada, poden presentar digno de mención, diante dos cidadáns de A Guarda, en particular, e de Galicia e do resto do Estado español, en xeral. Porque o Castelo - ou Fortaleza - de Santa Cruz, ubicado no termo municipal de A Guarda, presenta un lamentable estado, como en Infogauda xa deixamos constancia en máis dunha ocasión. E iso non é digno nin para A Guarda nin para os guardeses.
Desde que á Consellaría de Cultura e Deporte, con Ánxela Bugallo, daquela titular da mesma, investiu en 2006 unha boa morea - 909.000,00 euros - de cartos públicos, nas obras de "Rehabilitación e Posta en Valor do Castelo de Santa Cruz, en A Guarda" ata o día de hoxe, o concello de A Guarda non fixo os deberes. Nin siquera acertou á manter en perfecto estado de revista ás obras feitas. Por iso, o balanzo da xestión do equipo chamado de goberno, no que respecta a devandita fortaleza, é negativo.
Que agora veñan o alcalde e o concelleiro de Patrimonio a "vendernos" seus desexos, ven a pór - unha vez máis -, de manifesto, súa nula xestión nestes últimos catro anos nos que tiveron unha inmerecida maioría absoluta. E non somentes quedan en evidencia pola súa nula xestión no que atinxe a Fortaleza de Santa Cruz, senón que para teren á profesión que teñen, tanto o alcalde como o concelleiro de Patrimonio, semella que descoñecen á protección xurídica coa que conta o devandito Castelo de Santa Cruz, e así o deixaron de manifesto na correspondente nota de prensa - con foto incluida - que remesaron a algúns medios de comunicación social. Decir, por exemplo: "(...) El castillo de Santa Cruz, una fortaleza defensiva situada en el centro urbano de A Guarda construida entre los años 1663 y 1664 por el capitán general de Galicia Luis de Poderico, tiene avanzados los trámites para su declaración como Bien de Interés Cultural (BIC)", evidencia o presunto descoñecemento, por parte de alguén, que a devandita fortaleza xa "(...) é obxecto de protección polo Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección dos Castelos Españois e posúe consideración de Ben de Interese Cultural pola disposición adicional segunda da Lei 16/95 de Patrimonio Histórico Español. Asemade, segundo a Disposición adicional primeira da Lei 8/1985 do 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia os elementos decrarados B.I.C. na lei estatal pasan a teren á consideración de B.I.C. na lexislación autonómica. Non ten nembargantes, unha decraración específica (...)".
Compre salientar igoalmente que a nivel da Unión Europea "os castelos españois foron catalogados en 1968 no Inventario do Patrimonio Cultural Europeo, baixo o epígrafe de arquitectura militar".
Por outra banda, a Comisaría Xeral de Patrimonio Artístico Nacional da Dirección Xeral de Belas Artes, polo Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección dos Castelos Españois dí: "(...) todos los castillos de España, cualquiera que sea su estado de ruina, quedan bajo la protección del Estado, que impedirá toda intervención que altere su carácter o pueda provocar su derrumbamiento". Por este decreto posúe consideración de Ben de Interese Cultural pola disposición adicional segunda da lei 16/85 de Patrimonio Histórico Español".
No que atinxe a Xunta de Galicia, "(...) segundo á disposición adicional Primeira da lei 8/1995 do 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia os elementos decrarados BIC na lei estatal pasan a teren consideración de BIC na lexislación autonómica. Ademáis no Título I, Capítulo I, artigo 14 de la lei de 8/1995, o castello de Santa Cruz aparece consignado no rexistro de bens de Inteese Cultural de Galicia na listaxe da provincia de Pontevedra, concello de A Guarda".
UN SENTIMENTO XERALIZADO: OS GUARDESES QUEREN ACCEDER O CASTELO DE SANTA CRUZ
O que é indubidable é o sentimento xeralizado que ten á cidadanía guardesa de que a pesares de haberen pasado varios anos desde que o Concello de A Guarda pasou a ser propietario do Castelo de Santa Cruz, como contrapartida a un convenio urbanístico cos anteriores propietarios da fortaleza e dos terreos colindantes; a día de hoxe, agás uns poucos veciños, o pobo non puido acceder a ese recinto fortificado. Tamén hai que salientar que non poucos guardeses consideran que visto o visto, máis valía que o Castelo de Santa Cruz, continuase sendo propiedade particular e non ter que aturar para sempre, as edificacións que hoxendía configuran unha "pantalla" que vai se-la "herencia" que algúns corporativos nos deixaron os guardeses de hoxendía e do futuro.En calquer caso, moitos veciños agardan con impaciencia o intre de acceder o interior do recinto fortificado denominado Castelo de Santa Cruz. Somentes coñecéndoo e coñecendo súa Historia, será como o pobo sinta como própio ese ben que a pesares das innumerables agresións que tivo o longo dos tempos, forma parte do Patrimonio Arquitectónico e Histórico de A Guarda. Seus 21.000 m2 de superficie e 900 m. de perímetro, fan dese recinto abaluartado, un encrave óptimo para o disfroite de própios e visitantes.
É responsabilidade dos poderes públicos facer posible que á cidadanía acade sen demora á que poderíamos denominar soberanía do Castelo de Santa Cruz.
Novas relacionadas:
Vecinos de A Guarda denuncian el deterioro del entorno de Santa Cruz
Documento sobor do Castelo ou Fortaleza de Santa Cruz (A Guarda)
Esto es el entorno del "CASTILLO DE SANTA CRUZ", y antes...
Para saber máis:
Castillo de Santa Cruz
Novas relacionadas:
Vecinos de A Guarda denuncian el deterioro del entorno de Santa Cruz
Documento sobor do Castelo ou Fortaleza de Santa Cruz (A Guarda)
Esto es el entorno del "CASTILLO DE SANTA CRUZ", y antes...
Para saber máis:
Castillo de Santa Cruz
¡Ojo al dato!.
ResponderEliminarSe ha sabido que el 14.06.2010 una cooperativa -GUARDESA SDAD. COOP-, ´suscribió contrato con CASTILLO DE SANTA CRUZ, SL, para adquirir las parcelas FR6, FR7, FR8 y FR9, de ese ámbito SUP-4 del vigente PGOU, con la intención de construir 100 viviendas sobre esas cuatro parcelas, que se irían realizando en función del número de socios que se vayan dando de alta.
Al parecer, por el número de socios actuales, quisieran iniciar de inmediato en la parcela FR6 (25 viviendas), pero para ello tendrían que solicitar licencia de las tres parcelas restantes... y por ello, quieren que se les otorgue la licencia para las cuatro parcelas de un solo golpe, permitiéndoles posteriormente, ir liquidando las tasas e impuestos en función de la fecha de inicio de cada una de ellas...
La solicitud se hizo el 21.06.2010, sin que a día de hoy se sepa la contestación del Concello.
A propósito. A la tercera torre, no iniciada, le caducó la licencia otorgada en su día. Tendrá que solicitarla nuevamente. Por tanto estamos ante próximas agresiones a la Fortaleza. NO es de extrañar, cuando quienes tienen la potestad de decicir, no conocen siquiera la historia de ese BIC. ¡¡De pena!!.