30 de xuño de 2011

GALICIA

O CANTAUTOR GUARDÉS TINO BAZ ESTARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO EIRADO, NA SEGUNDA CANLE DA TVG
O cantautor Tino Baz, unha voz de referencia no panorama musical de Galicia



Gustavo González Rodríguez / Galicia


Infórmovos de que o vindeiro sábado, día 2 de xullo, ás 23:00 hs, o segundo canal da Televisión de Galicia (TVG2) emitirá o programa cultural EIRADO que contará con dúas intervencións do cantautor guardés Tino Baz.


BREVE SIPNOSE DO PROGRAMA EIRADO

(Extraída da páxina da CRTVG)

O próximo sábado, día 2 de xullo, ás 23.00 hs, o segundo canal da Televisión de Galicia (TVG2) emite o programa cultural EIRADO que contará con dúas intervencións musicais do cantautor guardés TINO BAZ.

EIRADO é un programa no que teñen cabida as artes plásticas, o espectáculo, o cine, as novas tecnoloxías, a literatura, a arquitectura, etc.

Pemón Bouzas é o encargado de conducir un espazo cuxo nome pretende facer referencia a un lugar de encontro, xa que eirado é unha palabra que se refire ao lugar onde as xentes das aldeas se xuntaban a iso da atardecida para comentar as tarefas do día e tamén para celebrar festas. Así pois, o programa EIRADO é un punto de encontro dos artistas galegos de todas as disciplinas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario