10 de maio de 2011

TUI

O BNG PRESENTA EN RIBADELOURO AS SÚAS PROPOSTAS DE GOBERNO


Onte, luns 9 de maio, o BNG presentou en Ribadelouro as propostas de goberno que ten para o concello de Tui e para a parroquia de Ribadelouro. Xosé Martinez Tato, responsable local do BNG, presentou o acto quen cedeu a palabra á candidata pola parroquia Ana Belén Sanjurjo Lorenzo que explicou o seu compromiso con Ribadelouro.

Seguidamente falou Marga Romero numero catro da candidatura por Tui e vinculada por motivos familiares coa parroquia. Marga se queixou do abandono que sufre o patrimonio de Ribadelouro por parte do concello, en especial a ponte das febres e o camiño de Santiago.
O candidato á Alcaldia Laureano Alonso iniciou a sua intervención explicando os graves problemas que vai a supor para a parroquia a aprobación do Plan Xeral de Ordenación, que afoga o núcleo da Magdalena cun polígono industrial que non permitirá o desenvolvemento de Ribadelouro. Continuou explicandolles ós veciños e veciñas cales son as propostas e iniciativasdo BNG para esta parroquia. O numeroso público asistente interesouse especialmente polo Plan Xeral recientemente aprobado e as dificultades que lle vai a supoñer a sua parroquia no seu desenvolvemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario