11 de maio de 2011

PONTEVEDRA

NOVAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA




BARRO-MEIS
1.- Foi interposta a casación (42 folios elaborados polos nosos servizos xurídicos, Garrigues).
2.- Baséase en que os vicios formais nos que se baseaba a sentenza de anulación do plan sectorial, xa están enmendados e correxidos.
3.- A casación tén que ser admitida a trámite (algo que vai a suceder) e despois pode dilatarse a resolución ata dous anos.
4.- Ó non ser sentenza firme a do TSXG pódense conceder licenzas e desenvolver a actividade no polígono con normalidade.
5.- Reiterar as mensaxes de optimismo, de confianza e de seguridade xurídica para as empresas que se instalen no polígono.
CAIXA DE ANTICIPOS - CONCELLO DE PORTAS
1.- Portas celebrou un pleno para solicitar un anticipo para unha operación de Tesourería. O consello reitor estudiará a súa proposta.

2.- A Caixa tén un presuposto de 2 millóns €. Ata agora foron concedidos, por concurrencia competitiva, 851.963 € ós 15 concellos _de tódolos colores_ que solicitaron anticipos (son 12 pois a Cuntis, Vilaboa e O Rosal non se puido conceder porque teñen aforro neto negativo e eso é un imperativo legal)

· Foron os concellos de Caldas (financiar obras do orzamento), A Cañiza (equipos e mobiliario), Covelo (traída de augas), Crecente (operación Tesourería), Fornelos (accesos e equipos), Gondomar (instalacións no auditorio), Meaño (accesos e dotación de servizos), Pazos de Borbén (saneamentos), Ponte Caldelas (financiamento de obras), Valga (financiar obras)

COMPROMISO CAMPO DE FÚTBOL EN VILABOA
1.- A Deputación construirá un campo de fútbol de herba sintética en Vilaboa, unha vez que o Concello certificou a súa aportación
2.- A Deputación aportará o 75% do importe do campo e o Concello o 25% restante. A Deputación aportará o 70% do importe das obras complementarias (peche, iluminación, gradas, accesos) e o Concello o 30% restante.
3.- O Concello remiteu á Deputación as correspondentes certificacións de disponibilidade de fondos para afrontar os seus compromisos.
4.- En total, a aportación da Deputación rondará os 500.000 euros
CONCERTO HOXE NO MUSEO DA AULA DE MÚSICA ANTIGA DO CONSERVATORIO MANUEL QUIROGA
1.- O Conservatorio Manuel Quiroga é o centro de referencia en Galicia en formación musical profesional de Música Antiga. É o único que imparte as especialidades de Clavecín, Viola de Gamba, Flauta de Bico e Corda Pulsada do Renacemento e Barroco.
2.- Hoxe, ás 20,30 horas, os integrantes da Aula de Música Antiga ofrecen un concerto de 8 obras clásicas de Monteverdi, Ana Magdalena Bach, Purcell, Luis de Narváez, Kapsberger, Rui Coelho, Couperin, Paolo Cima e Corelli.
3.- O Conservatorio Manuel Quiroga é habitual colaborador do Museo de Pontevedra.

O MUSEO DE PONTEVEDRA INCREMENTA OS SEUS FONDOS DE RAFAEL ALBERTI COA APARICIÓN DUNHA CARTA E DUN DEBUXO SEU NO FONDO ODRIOZOLA
1.- Durante a clasificación e catalogación do Fondo Antonio Odriozola, o Museo atopou unha carta autógrafa de Rafael Alberti, ilustrada co debuxo dunha serea portando un peixe e unha pomba
· Enviouna Alberti a Odriozola dende Antibes (Francia) en 1968
· É resposta a outra de Odriozola na que éste lle pide datos para a bibliografía que prepara para a revista Insula e na que lle dí que prepara unha mostra na praza de touros de Pontevedra.
· Alberti chegou a facer o na praza de Pontevedra nunha corrida protagonizada polo seu amigo Ignacio Sánchez Mejías o 3 de xullo de 1927. Él mesmo recolle esta circunstancia no seu libro de memorias
2.- O Museo de Pontevedra conta con outros orixinais de Alberti:
· Varios poemas autógrafos
· Un debuxo autógrafo adicado ó tamén debuxante Luis Seoane que ilustrara os libros de Alberti en Buenos Aires, en 1962; e , en Buenos Aires, en 1942.

Ningún comentario:

Publicar un comentario