11 de maio de 2011

`PONTEVEDRA

LOUZÁN ASINA UN CONVENIO COS XESTORES ADMINISTRATIVOS DE PONTEVEDRA PARA TRAMITAR AS ALTAS DE VEHÍCULOS DE FORMA TELEMÁTICA

Este novo sistema evitará ós cidadáns os desprazamentos ás administracións e ós bancos que ata hoxe era necesario facer para dar de alta un vehículo



O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou esta mañá no Pazo provincial un convenio de colaboración en materia de xestión tributaria co Colexio de Xestores Administrativos de Galicia representado polo seu delegado na provincia de Pontevedra, José Ramón Carril. No acto tamén estivo presente o xerente do Colexio de Xestores de Pontevedra, Juan Costal Filgueira, e o seu tesoureiro, José María Saez.

En canto ó contido do proxecto consiste na posta en marcha dun sistema para a tramitación das altas de vehículos de forma telemática. Para elo os interesados terán acceso ao aplicativo de xestión tributaria do O.R.A.L. da Deputación, onde poderán operar de forma automática as altas de vehículos. Louzán adiantou que de cara ó futuro se proxecta ampliar este sistema a outros tributos e incluso estendelo a todo o ámbito territorial de Galicia.

“Isto evitará os desprazamentos ás administracións e ós bancos que ata hoxe era necesario facer” xa que, explicou Louzán “tanto as liquidacións polas altas dos vehículos como o cobros correspondentes serán realizados no mesmo momento no que se fai clic co rato”. Os beneficiarios serán os xestores administrativos de Pontevedra e, en xeral, calquera usuario interesado.

“As nosas accións van todas nunha mesma dirección”, comentou o presidente provincial, “crear unha Administración máis áxil, máis sinxela, máis transparente e máis próxima ós cidadáns”. Louzán matizou que “este convenio non é nada que nos pille de novas, se non que é unha utilidade máis que facemos da macro infraestrutura tecnolóxica que a Deputación ten posta en marcha e para cuxa adquisición fixo un importante esforzo inversor que, a maiores, supón un aforro de tempo e cartos”.

COLEXIO DE XESTORES ADMINISTRATIVOS DE GALICIA

· Colexio de Xestores Administrativos de Galicia-Delegación de Pontevedra:
- Nº colexiados: 101 colexiados (66 en Pontevedra e 35 en Vigo).
- A Delegación de Pontevedra constituíse en 1964 (creouse o colexio).
- Presidente Delegación Pontevedra: José Ramón Carril Pan.
- Presidente Delegación Vigo: José Fumega L´Hotellerie de Fallois.

· Colexio de Xestores Administrativos de Galicia:
- Nº de colexiados: 450 colexiados.
- Ten 6 delegacións esparexidas polas 4 provincias galegas (Pontevedra, Vigo, Santiago, A Coruña, Lugo e Ourense).
- A Sede Central está en A Coruña.
- Presidente: Andrés García Yañez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario