29 de maio de 2011

A GUARDA


RUMORES DE PACTOS


Soan rumores de pactos de goberno en case todas as tabernas do pobo, os efectos do albariño e a mala entraña fan notar cada día máis a euforia duns e o desasosego doutros, por non falar da soberbia mesturada con ignorancia dos máis electos.
O certo é que uns claman vinganza xa que logo dos malos tratos e desprezo non pensan noutra cousa, outros están desexosos de cobrar protagonismo, uns cantos desesperados por retelo, uns poucos expectantes mirando cómo se van desenvolvendo os feitos, e outros menos oteando de lonxe...
As agrupacións políticas, como non hai maioría absoluta, debaten, fan cálculos e prorratean variantes que lles aseguren un posto de mando, intentarán negociacións e enviarán embaixadores a dialogar cós contrarios, serán capaces algúns de arriscarse a formar un bipartito?, xa teñen malas experiencias de anteriores unións que saíron fatais, repetirán? decidirán arriscarse e gobernar en minoría co desgaste que iso leva?
Os pactos políticos son lícitos e ademais necesarios, para garantir o goberno municipal, outra cousa ben diferente é a forma de alcanzar eses acordos.
Moi pronto saberemos o que pasará , ata onde serán capaces de chegar con tal de gobernar...qué dons ofrecerán a cambio, qué personaxes están de acordo con sacrificar do partido con tal de levar o bastón nas procesións... Chéirame que haberá cortes de cabeza...
¡Qué fráxil demostrará ser a memoria de algúns!, ou ¡qué interesada a de quen esquecerá diferenzas que outrora facían imposibles determinadas alianzas!

Vén a etapa do Alzheimer político para algúns... e a do Edipo para outros ...veremos, veremos mosquitos...¡¡¡estáse armando un cocido!!!!
PD: Vexo con moito agrado que están aparecendo mosquitos por todas partes, así me gusta... ¡A picar, que é o que fai falta , a ver se dunha vez por todas dánse conta de que non somos todos parvos!


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario