4 de maio de 2011

GOIÁN

NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO CEIP DE GOIAN SÍNTENSE DISCRIMINADOS FRENTE A SITUACIÓN DOUTROS COLEXIOS



Estas reivindicacións contan co apoio dos veciños e dos principias colectivos sociais e culturais das parroquias de Goián e Figueiró




Un grupo de representantes da Asociación de Nais e Pais do CEIP “Pintor Antonio Fernández” de Goián entregaron o pasado día 5 de abril na Xefatura Territorial de Educación e Ordenación Universitaria, un dossier destinado a expor xustificar e demandar ante a Xunta de Galicia a ampliación deste centro educativo.

Dentro deste dossier presentado pola ANPA figuran, unha serie de documentos como as cartas de apoio expresado polos principais colectivos sociais, culturais e veciñais de Goián e Figueiró, así como un listado de máis de 1400 sinaturas de veciños e veciñas destas parroquias.

O número de nenos e nenas matriculados aumentou un 34% ao longo destes 4 últimos anos, polo que estas demandas e necesidades se puxeron ainda máis de manifesto.

Frente a esta petición, o Delegado Territorial respondeu que non lle parece prioritario a ampliación deste colexio, que non é grave que os nenos se teñan que desplazar a un pavillón municipal a 200 metros “fora do recinto escolar” a recibir clases de ximnasia (por carecer de ximnasio), así como tamén non é preocupante que se impartan clases fora do centro escolar en condicións lamentábeis (sen calefacción, pisos rotos,…). Tampouco é necesario a instalación dun elevador para facilitar o acceso a clases de música, audiovisuais,..., a
unha alumna cunha minusvalía motórica.
Por todo isto a Anpa do Colexio “Pintor Antonio Fernández”, pregúnntalle ao Xefe Territorial de Educación. Qué é prioritario para que os nenos deste Colexio teñan acceso a unha educación en condicións dignas?





A ASOCIACION DE NAIS E PAIS DO CEIP ”Pintor Antonio Fernández” de Goián-Tomiño,

EXPÓN:

1º Que a situación do centro é cada vez máis insostible. Somos no Concello de Tomiño os únicos que carecemos dun centro coas estructuras e equipamento propio dun de nova creación. A razón é moi simple:en Goián había unha Graduada e construíuse, no ano 1975, un “aulario” a modo de ampliación, que logo volveu a ampliarse como “aulario” no 1986. Isto fixo que ata o presente carezamos de despachos, tutorías, aulas propias de música, audiovisuais e plástica, laboratorio, ximnasio,..., e dicir, os espazos propios dun centro novo.

2º Esta mema situación tiña Sobrada, Tebra e Barrantes; pero aos tres, a día de hoxe, solucionáronse as carencias con ampliacións sucesivas e creación de servizos. Resulta incomprensible que Goián quedara esquecido, sendo o segundo centro en número de matrícula.

3º Que o centro, cunha minusválida motórica matriculada, carece dos accesos necesarios para poder facer uso de todalas dependencias da planta alta.

4º Que nestes intres hai dous cursos que están recibindo clases en aulas que se encontran fora do recinto escolar. Para acceder a elas teñen que recorrer unha distancia duns 100 m aproximadamente, tendo que cruzar unha vía pública, e estando expostos a tráfico constante e a tódolas inclemencias metereolóxicas. Este percorrido realízase varias veces ao día, xa que, teñen que asistir a outras asignaturas, e ao recreo no colexio principal. Hai que ter en conta tamén que as aulas carecen de calefacción e en xeral están moi deterioradas.

5º Que nos últimos catro anos pasamos de 146 alumnos de matrícula a 195 da actualidade. De que o Concello de Tomiño é un dos que máis medrou da provincia de Pontevedra no último lustro.

6º Que a presente solicitude vai avalada non só por a Anpa, senón que tamén polo Claustro de Mestres, O Consello Escolar, a meirande parte dos veciños de ambas parroquias (Goián e Figueiró), as asociacións de veciños e de montes. Todo un colectivo que non entende esta situación. Achegamos sinaturas e actas.

SOLICITA:

Se nos tramite á Consellería de Educación, co apoio desa Xefatura Territorial, a solicitude de ampliación deste Centro, co fin de que se poida proceder a abrir expediente de concesión e, así, poder executar a obra.

Goián, Tomiño 5 de Abril de 2011

A Presidenta,


Asdo.: Claudia Méndez


SR. XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. PO

Ningún comentario:

Publicar un comentario