11 de maio de 2011

EIVISSA

DO 12 AO 15 DE MAIO


Magiclown volve a Sant Josep cunha programación “espectacular e ao alcance de todos”

Jéssica Beiroa / Eivissa

Este martes presentouse a sexta edición de Magiclown, o encontro de maxia e clown “máis importante” das Baleares, segundo indicou en conferencia de prensa a rexedora de Turismo de Sant Josep de sa Talaia, María Ángeles Mostazo, quen, ademais, destacou o carácter solidario e o gran orzamento que se investiu, entre otros aspectos. A responsable municipal fixo especial fincapé no agradecemento a todos os colaboradores, especialmente a Fiesta Hotel Group pola súa “excelente” dispoñibilidade.

Deste xeito, tanto a concelleira como o responsable de Magiclown, Gerardo Marín, coincidiron en destacar que esta edición contará cunha programación “espectacular e ao alcance de todos”. Ángeles Mostazo comentou, ademais, que a pesar do contexto económico non se reduciu o orzamento do festival, podendo manter así a súa calidade artística e ofrecendo a maioría de espectáculos con entrada libre nun “esforzo por achegar as mellores producións teatrais a Sant Josep”.

Ademais, a rexedora agradeceu a cantas persoas, entidades, colectivos e grupos colaboraron e colaboran para que Magiclown 2011 sexa unha realidade. Así, esta sexta edición contará con dúas sedes, unha en Platja d´en Bossa, nas instalacións do hotel Palladium, e a habitual de Cala de Bou.

Pepa Marí, conselleira de turismo de Ibiza, tamén animou “a todo o que queira gozar destes espectáculos a que se achegue ás sedes Magiclown porque a calidade e as risas están aseguradas”.

Magiclown solidario

Co fin de achegar o vendaval de risa e maxia que o festival Magiclown leva cada ano a San Josep de sa Talaia, diversas actividades fóra dos dous espazos princiapais contribuirán nos próximos días ao desenvolvemento social da proposta. Este feito foi destacado por Ángeles Mostazo, quen afirmou que “pretendemos que Magiclown poida ser gozado por todos os públicos”. Así, entre outras actuacións, Pablo Muñoz estará a representar o seu espectáculo polos centros de ensino de Sant Jordi e Sant Agustí des Vedrà.

Para todos os públicos

Pola súa parte, Gerardo Marín repasou ante os medios congregados o programa de Magiclown 2011. Fixo fincapé no espectáculo inaugural, de Res de Res, este xoves ás oito do serán e sen perder de vista 'Pez en Raya', vernes, e a Luis Piedrahita, sábado. O responsable do festival quixo destacar “a variedade e a calidade” das propostas, e subliñou igualmente la división de espectáculos por idades e a especial atención ao público infantil, que contará cunha sección chea de programacións específicas.

Obradoiro de risoterapia

A gran resposta do Obradoiro de Risoterapia fixo que as prazas estean cubertas desde onte. Canto ás entradas para os espectáculos solidarios, pódense reservar en la Oficina de Turismo de Sant Josep, ou no teléfono 971 801627.

Ningún comentario:

Publicar un comentario