MAGNÍFICA LABOR DOS TEIXUGOS NA 2ª COPA GALEGA DE SLALOM
Informa (Texto e reportaxe fotográfica): Rosa Fernández
O longo da mañán deste domingo celebrouse en Padrón, no río Ulla a 2ª Copa do Circuito Galego de Slalom. Participaron equipos de toda Galicia, entre eles os Club Deportivo Miño-Teixugos.
Como xa é habitual as medallas repartíronse entre tódolos equipos participantes. Os Teixugos conseguiron 2 ouros, 4 pratas e 3 bronces. Por equipos acadaron o primeiro posto.
O vindeiro domingo tocaralle aos máis pequenos en Gondomar coa Copa Galega de Promoción.
Premer eiquí para acceder á galería de imaxes da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario