A DEPUTACIÓN PRESENTA O PORTAL DE INFORMACIÓN INFOUNIMINHO QUE POSIBILITARÁ MELLORAR A TOMA DE DECISIÓNS E A XESTIÓN INTEGRADA DOS EQUIPAMENTOS DA ZONA TRASNFRONTEIRIZA DO MIÑO
O obxectivo deste portal é o perfeccionamento dos sistemas de información sobre o espazo transfronterizo do Miño, para mellorar a toma de decisións ou a xestión integrada de equipamentos desta zona, así como o desenvolvemento sostible deste espazo territorial.
O Centro de Información de Valle del Miño Transfronterizo disporá de información sobre a realidade económica e social do territorio (centros escolares, estradas, poboación estranxeira, vivendas alugadas, taxa de paro, turismo…), o que permitirá dotar á rexión de información necesaria para concretar a elaboración de proxectos de desenvolvemento local e converterse nunha referencia para a xestión axeitada das políticas públicas de todos os proxectos que serán executados no territorio transfronterizo.
Así, o portal permite consultar documentos, información empresarial, deportiva, cultural, de saúde ou estatística sobre 22 municipios dos dous lados da fronteira entre Alto Miño e Galicia. É unha ferramenta de traballo e investigación moi potente porque permite facer buscas personalizadas e detalladas cruzando todos os datos albergados no portal.
Tamén contén documentos estratéxicos de influencia para esa zona que poden ser tomados como base a hora de redactar proxectos e unha serie de directorios de empresas, entidades públicas, asociacións e outros equipamentos de carácter cultural que poden ser consultados para ver en que áreas se pode actuar.
O portal de información Infouniminho foi presentado hoxe polo presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e polo responsable técnico do proxecto Uniminho, Joaquín Lede.
Para o titular da Deputación, todas as iniciativas que se están a desenvolver a través do proxecto de cooperación Uniminho constitúen “unha alianza estratéxica que nos últimos anos deu enormes resultados á provincia de Pontevedra e ó norte de Portugal”.
Pola súa banda, Lede afirmou que este portal “aportará a información útil a políticos, técnicos ou a interesados en xeral en recoller información lugar sobre estes lugares para calquera fin para un proxecto, obradoiro etc…” Tamén explicou que o portal costa de indicadores estatísticos realizados polo Instituto Politécnico de Viana do Castelo e dunha empresa. O proxecto Infounimiño conta cun orzamento de 65.000 euros e lévase traballando nel dende mediados de 2009.
Esta acción desenvólvese no marco do proxecto Unimiño que deriva do grande interese da Deputación de Pontevedra e das cámaras portuguesas de establecer cooperación avanzada, intensa e produtiva para converter á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nunha área competitiva e de elevado crecemento no seno da UE.
Esta iniciativa incide na cooperación das áreas limítrofes de ambos países en eidos como o empresarial, o dos recursos naturais e culturais, o das comunicacións e o transporte ou o das infraestruturas de servizos de sanidade, cultura, turismo ou educación, entre outros.
No marco deste programa de cooperación, creouse a Asociación Transfronteriza Unimiño que agrupa a 16 concellos ribeirenses galegos (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Salceda de Caselas, Oia, O Porriño, Salvaterra, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Crecente, Covelo, A Cañiza y Arbo) e a cinco portugueses (Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença do Minho e Vila Nova de Cerveira) co fin de converter ós municipios fronteirizos do río Miño nunha referencia a nivel europeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario