A DEPUTACIÓN DE OURENSE DESTINA 3,6 MILLÓNS DE EUROS PARA OBRAS DEPORTIVAS NA PROVINCIA

O pleno da Deputación de Ourense celebrado hoxe aprobou definitivamente o Plan de Infraestruturas Deportivas 2011, ao que destina un orzamento de 3.658.880 euros. En total son 15 obras que beneficiarán aos concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, a Veiga, Baltar, Muíños, Ribadavia, Xinzo de Limia, Porqueira, Cea, O Barco de Valdeorras, Bande, Sandiás, Petín, Vilar de Santos e A Merca.
Os investimentos destinaranse a construción de campos de fútbol de herba artificial e piscinas municipais, así como de pistas polideportivas, construción de gradas e obras de peche e acondicionamento de instalacións deportivas.A distribución do financiamento será para cada obra a que estableza o convenio de cooperación que se subscribirá entre a Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. En todo caso, o financiamento a cargo dos concellos interesados será do 20%, con excepción da obra do campo de fútbol de herba artificial en Velle (Concello de Ourense), ao tratarse dunha obra de iniciativa provincial para a que non está prevista financiamento municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario