ÉXITO DA NOVA TEMPADA DE CARREIRAS DE CABALOS EN ANTELA

O hipódromo de Antela, en Sandiás, propiedade da Deputación de Ourense, empezou o sábado, día 19 de marzo, unha nova tempada de carreiras, con gran afluencia de público, que se beneficiou das boas condicións climatolóxicas e do espectáculo ecuestre.
Seis carreiras formaron o programa oficial, destacando o triunfo do cabalo Esquío –nado en Ourense- na cuarta proba da xornada.Nesta tempada o horario de carreiras é de 14:30 a 18:00 horas e son retransmitidas polo canal 10 de Tv.
Ningún comentario:
Publicar un comentario