IMPORTANTE APOIO DA DEPUTACIÓN AO AUDITORIO DE CELANOVA

O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, salientou o importante apoio da Deputación ao auditorio de Celanova, no que a institución provincial aportou máis de 1 millón de euros. O auditorio conta tamén con sala de exposicións, cafetería, biblioteca e salas de usos múltiples. Foi deseñado polo arquitecto ourensán Alfredo Freixedo.
Baltar defendeu o seu compromiso coa cultura e cos retos de futuro para darlle contido a este recinto.
Intervención do Presidente da Deputación, no acto inaugural, presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
"Sempre é un pracer vir a Celanova, pero moito máis cando se trata de por en servicio unha infraestructura tan importante como a que hoxe nos ocupa, este fermosísimo auditorio municipal Ilduara.
A Deputación realizou un gran esforzo económico e implicouse de maneira firme e decidida neste proxecto, ao que aportou un millón cen mil euros, algo que supón para nós, unha administración pequena, un gran sacrificio.
Cremos en Celanova, cremos nos homes e mulleres de Celanova, cremos no traballo que a prol da cultura se está a facer dende esta vila e por eso hoxe é un día tan especial.
As institucións temos a obriga de dotar aos cidadáns de servizos, de infraestructuras. Logo son os cidadáns os que lle dan a vida. Facemos estradas, pero son os cidadáns os que circulan por elas.
Facemos auditorios e van ser os cidadáns os que agora lle dean calor a estas 350 cadeiras, asistindo con aisduidade ás actividades programadas dende o concello.
Querido alcalde, membos da Corporación municipal de Celanova, técnicos municipais e veciños, agora teñen todos vostedes un reto: o reto de demostrar que este auditorio era preciso.
Estou seguro que o van facer pronto e ben, que dende hoxe a provincia de Ourense ten outro punto de referencia na súa rica e dinámica vida cultural. E pensen vostedes en clave global. Están a 20 minutos da capital e candos e remate a autovía a moito menos, polo que en Ourense, cando miremos a programación, xa non solo miraremos a do teatro principal, a do centro cultural ou a do auditorio da cidade. Tamén miraremos a de Celanova para aproveitarnos das súas propostas culturais.
Estou convencido que este auditorio será un elemento de dinamización máis da vila, que será un novo polo de atración e a Deputación seguirá aquí, desposta a colaborar con Celanova en todo o que sexa necesario e posible, como hoxe o fixemos coa montaxe da exposición de fotografía O RIZO. TRES DÉCADAS DE IMAXES PRODIXIOSAS, producida polo Centro Cultural da Deputación e mailo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, tamén da Deputación.
Na Deputación e nos seus diferentes departamentos culturais atoparán sempre colaboración porque temos claro a nosa vocación incondicional co obxectivo de facer provincia e de desenvolver culturalmente unha provincia con numerosos polos de atención e de atracción.Queremos e debemos ser cada día menos centralistas e mirar cada día máis para as nosas vilas. Estas infraestructuras vannos permitir tamén a nós ampliar os nosos programas de actividades ate chegar a crear unha rede provincial de programación cultural.
Pero, hoxe son vostedes os protagonistas.
Por eso, parabéns a todos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario