5 de mar. de 2011

A GUARDA

O GRUPO CHAMADO DE GOBERNO NON TIVO RUBOR ALGÚN EN FUNDIR MÁIS DE 8.300,00 EUROS EN CALENDARIOS
- Namentras, a páxina web do concello de A Guarda desinforma desde fai meses


Infogauda / A Guarda

O grupo chamado de goberno do concello de A Guarda, cecais obsesionado coa vindeira convocatoria electoral do vindeiro 22 de Maio, non dubidou en fundir do erario público - é decir de tódolos contribuintes, polo tanto non lles doe - máis de 8.300,00 euros en calendarios, pubricación que sen nengún rubor, din que foi "(...) un agasallo que o concello lle fixo os veciños".
Desde Infogauda coidamos que a devandita afirmación ten outra lectura: O agasallo foi á conta de tódolos veciños, pero o agasallado foi o chamado grupo de goberno! Quen senon, tenta obter rendabilidade electoral dos calendarios?
A PAXINA WEB DO CONCELLO DE A GUARDA DESINFORMA
Por outra banda, a día de hoxe, sábado, 5 de marzal de 2011, a páxina web do concello continúa presentando información sen actualizar. Polo tanto está desinformando. Como proba do que decimos, imos ofrecerlles á seguinte mostra:
Como se pode comprobar, premendo eiquí, segue figurando como membro da corporación municipal unha persoa - Celso J. Rodríguez Fariñas - que desde o venres día 1º de outubro de 2010, data na que o concello pleno tratou sobor da renuncia do ata entón, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, que el mesmo presentara in voce, no pleno do 30 de xullo de 2010 e posteriormente, o 23 de agosto no rexistro municipal; e que polo tanto, unha vez comunicado dito acordo á Xunta Electoral Central, deixou de ser concelleiro. Non hai pois, razón lóxica algunha para que o grupo chamado de goberno continúe desinformando na páxina web do Concello. Páxina web que ademáis conta con recursos humans suficientes para súa actualización diaria, e que, unha vez máis, eses recursos saen do erario público. E decir, de tódolos contribuintes.
Como consecuencia do sinalado anteriormente, a mesma persoa, continúa figurando como membro suplente da Comisión de Asuntos Plenarios e da Comisión Especial de Contas, respectivamente, así como compoñente da Comisión Informativa de Urbanismo.
Porqué o grupo chamado de goberno non actualizou á composición da Corporación Municipal e das Comisións correspondentes?
Non saben que desde o 26 de novembro de 2010, o posto de concelleiro que deixara vacante Celso J. Rodríguez Fariñas, foi asumido por Buenaventura Lomba Núñez, que nesa data tomou posesión como novo concelleiro do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal?
Qué é o que pretende o chamado grupo de goberno con esas desinformacións?

Ningún comentario:

Publicar un comentario