CURSO DE FORMACIÓN TEATRAL NO IES A SANGRIÑA
OS PARTICIPANTES RECIBIRÁN UN CERTIFICADO CO RECOÑECEMENTO DAS HORAS DE FORMACIÓN
AS PERSOAS INTERESADAS PODEN SOLICITAR A FICHA DE INSCRICIÓN NA CONSERXERÍA ATA O DÍA 1 DE ABRIL

Pilar Carro / A Guarda
Os días 8, 9 e 10 de abril ofreceremos no instituto un obradoiro de formación en técnicas de teatro. Os seus contidos abordarán o xogo teatral e o clown. O profesor será Fran Rei, membro de Culturactiva e da compañía OS SETE MAGNÍFICOS MAIS UN.
O curso está dirixido ao alumnado do grupo de teatro do IES A Sangriña, mais tamén poderán participar outras persoas interesadas no caso de quedaren prazas dispoñibles.
O curso está dirixido ao alumnado do grupo de teatro do IES A Sangriña, mais tamén poderán participar outras persoas interesadas no caso de quedaren prazas dispoñibles.
Pódese recoller a ficha de inscrición na conserxería do instituto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario