ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN INSTANDO O GRUPO DE GOBERNO A SOLVENTAR O CAOS CIRCULATORIO EXISTENTE NA RÚA JULIA VAQUERO SOUSA
De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:CAMBIOS NA SEGURIDADE VIAL NA RÚA JULIA VAQUERO
Vostedes que fan para arranxar os contínuos atascos que se producen na rúa Julia Vaquero.
Como saben Vostedes pintaron de cor amarelo o lado esquerdo (Casa Sousa) e sen pintar está o lado dereito.
Tamén saberán que a raia que divide imaxinariamente a rúa non está pintada.
Que no lado dereito aparcan turismos e moitos deles están todo o día estacionados.
En horas punta a rúa se atasca porque moitos poden coller tres direccións, saír de fronte, lado esquerdo e lado dereito. Isto agrávase cando un autobús quere coller dirección Tui.
Dende Esquerda Unida SOLICITAMOS:
Que o Concello xunto cos especialistas en tráfico fagan os cambios que estimen axeitados para solucionar este caos, estamos moi preto da semana santa, verán e o cristo está montado.
Dende Esquerda Unida propomos que se pinte a raia central e carril para saída hacia a esquerda, saía de fronte, e para o lado dereito dirección Tui. Que non se poida estacionar en ambos sentidos.
A Guarda a 24 de marzo do ano 2011
Asd. José Antonio González Morais

Ningún comentario:
Publicar un comentario