MINHO REGGAE SPLASH 2011

Complácenos informar que o II Minho Reggae Splash celebrarase os días 1 e 2 de Xullo de 2011 na localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira.
Como na primeira edición, o Minho Reggae adicaráse a actividades de expresión e educación e a música reggae de raíz. En pouco vos informaremos dos artistas que actuarán nesta segunda edición.
O colectivo Minho Reggae vólcase na seguinte edición na cal contaremos con novidades:
DOUS DIAS DE FESTIVAL
Dous días de festival, adicando o venres 1 a unha festa de presentación e o sábado 2 as actividades inherentes o Minho Reggae (Deportes, talleres, shows na rúa, espectáculos no auditório municipal e algunha sorpresa máis)
ZOA DE ACAMPADA
Nesta edición, o Minho Reggae contará cunha zona de acampada gratuíta xestionada por Minho Reggae para a comodidade dos asistentes.
EUROPEAN REGGAE CONTEST 2011
Tamén complácenos informar que o festival Minho Reggae Splash forma parte da rede de partners do Rototom Sun Splash traballando conxuntamente con outros festivales, asociacións e salas da península para a elección da mellor banda de reggae do ano 2011.
O concurso otorga ao gañador unha xira completa polos eventos organizados polos partners neste ano 2011, co que confirmamos que nesta edicción o Minho Reggae Splash terá no seu cartaz a mellor banda reggae da Península Ibérica.
Acordamos as bandas que queiran participar neste concurso que teñen ata o 27 de febreiro para inscribirse a través da web adicada ao concurso.
Toda a info do European Reggae Contest en http://www.reggaecontest.eu/
VII CONCURSO GALEGO DE REGGAE
No ámbito local, o colectivo Minho Reggae fixo parceria co colectivo Negus de a Coruña para coordinar a organizacion do VII Concurso Galego de Reggae.
Este concurso está adicado ó lanzamento de bandas emerxentes na Galiza e nesta edición o gañador actuará no no XI Foundation Reggae Festival na Coruña, além doutros premios como a participación directa na final do Europen Reggae Contest como representante da comunidade galega.
Acordamos as bandas que queiran participar neste concurso que teñen ata o 1 de maio para inscribirse a través da web adicada ao concurso.
Toda a info do VII Concurso Galego de Reggae en http://www.foundationreggaefestival.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario