17 de feb. de 2011

OURENSE

O CENTRO CULTURAL CELEBRARÁ O DÍA INTERNACIONAL DA LENGUA MATERNA



O Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerá a celebración do Día Internacional da Lengua Materna, o vindeiro día 23 de febreiro, coa celebración dun acto público promovido pola Deputación provincial e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Este acto, previsto para as 20:00 horas, conta coa colaboración do PEN Clube de Galicia, que estará representado polo seu presidente, Luis González Tosar.Tamén intervirá Xesús Alonso Montero, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela e membro numerario da Real Academia Galega.

Pecharán esta celebración as intervencións do Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e do Presidente da Deputación, José Luis Baltar.

A declaración do Día Internacional da Lengua Materna corresponde a unha proposta realizada pola UNESCO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario