17 de feb. de 2011

OURENSE

BALTAR RECIBIRÁ AO CONCELLEIRO DE DEPORTES O MARTES



O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, recibirá ao concelleiro municipal de Deportes, Fernando Varela, o vindeiro martes, día 22 de febreiro, ás 10:00 horas.
Esta reunión prodúcese a petición expresa do propio concelleiro, quen solicitou do máximo responsable da Deputación un enc ontro para prantexarlle vías de colaboración entre ambas institucións.

Dende a Deputación lamentamos, eso si, a actitude deste responsable municipal nos últimos días, nos que aventurou diversas previsións sobre unha campaña “rastreira” e acusou ao presidente da Deputación dos problemas que está a ter co Ponte C.F., algo ao que é absolutamente allea esta institución e corresponden únicamente á súa responsabilidade de goberno.

Pedir colaboración institucional e descalificar simultáneamente a quen se lle pide esa colaboración non parece unha actitude moi razoable. En todo caso, a disposición de colaboración institucional da Deputación sempre será positiva, pois entendemos que servimos aos cidadáns e que na nosa obriga está tentar de buscar solucións aos problemas que existan. Nesa vontade enmárcase a reunión prevista

Ningún comentario:

Publicar un comentario