24 de feb. de 2011

O ROSAL

Alberte Alonso encabeza a candidatura do BNG nas eleccións municipais


“Este alcalde, en vez de defender os veciños e veciñas, defende os intereses do seu partido” Alberte Alonso, candidato á alcaldía do Rosal


De esquerda a dereita: Noemí Lomba, Serafín Fernández, Alberte Alonso -candidato á alcaldía-,Carlos Villanueva, Noemí Baz e Eladio Fernández Portela



Bloque Nacionalista Galego / O Rosal


No BNG xa temos perfilado un equipo de traballo. Presentamos o pasado 26 de novembro, as seis primeiras persoas que integrarán a candidatura para as eleccións municipais que se celebrarán en maio.
No actual escenario de crise, o BNG aposta por liñas políticas de creación de emprego. Nese sentido, apostamos pola creación de viveiros de empresas ligadas aos sectores produtivos locais, mediante a oferta de locais e medios adecuados e de baixa renda ás persoas emprendedoras.
Pola creación de plans de promoción do turismo e do comercio local ou impulso da industria agroalimentaria local. Así mesmo, xestionará a construción do Polígono Industrial co fin de dar alternativas ás empresas da zona.


A desfeita urbanística responsabilidade do alcalde e goberno municipal
No acto de presentación o candidato á alcaldía, Alberte Alonso Pereira, criticou ao actual alcalde e goberno municipal do PP, ao que atribuíu a desfeita urbanística do concello. Denunciou que coa aprobación inicial do Plan Xeral, “poñen os recursos do Rosal en mans dos especuladores e dos amigos do diñeiro rápido e esquecen outros sectores e empresas con futuro no Rosal”.
Tamén lembrou que o alcalde actúa obedecendo aos seus superiores no partido e na Xunta, “en vez de defender aos veciños e veciñas do Rosal, defende os intereses do seu partido”. Alberte Alonso, puxo como exemplo que, fronte a petición do BNG de rexeitar o canon da auga, o alcalde apoiou a implantación do mesmo, negándose a rexeitar a nova Lei de Augas que finalmente aprobou o PP en solitario no Parlamento.



Un equipo con capacidade para gobernar


A candidatura estará encabezada por Alberte Alonso Pereira, como candidato á alcaldía. Seguirano Carlos Villanueba Domínguez, licenciado en Bioloxía e profesor no Instituto de Tomiño; Noemí Baz, responsábel local de Muller no BNG e comercial de profesión; Serafín Fernández Portela, responsábel da CIG no Baixo Miño; Noemí Lomba, traballadora do Centro San Xerome Emiliani e Eladio Fernández Portela, actual concelleiro do BNG.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Escaravello dixo:
Creación de emprego local, exemplo na Mina, Tabagón despilfarro de cartos, empresas foráneas, ... Viva a demagoxia.
Estando na Xunta non modificastes a lei do SO, inútiles burgueses…, todo falsidades tocade a gaita, falar galego na rúa e na casa castelán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario