27 de xan. de 2011

TUI

O alcalde de Tui aproveita a ausencia anunciada do BNG para convocar unha Mesa de Contratación en Tui






Bloque Nacionalista Galego / Tui



O alcalde de Tui, aproveitou que os concelleiros do BNG anunciaran públicamente que ían secundar a Folga Xeral contra a reforma das pensións para convocar telefonicamente para o mesmo día a Mesa de contratación do Servizo de Redacción do Plan especial de protección do conxunto histórico de Tui (PECH)
Os concelleiros do BNG solicitaron que se cambiase de día pero o resultado desta petición foi unha convocatoria por escrito ratificando que a Mesa se reunirá o mesmo día da Folga Xeral.
É escandaloso e vergoñento que un alcalde aproveite a ausencia anunciada dun grupo municipal para convocar unha reunión destas características entorpecendo deste xeito o dereito lexítimo dos concelleiros a participar nos órganos para os que foron eleitos ou exercer o seu dereito á folga.
O BNG manterá o seu compromiso coa maioría social deste país secundando a Folga Xeral convocada en Galiza en defensa dos dereitos da clase traballadora e non cederá ao intento de boicot que supón convocar reunións municipais un día de Folga, sabendo ademais de antemán que os concelleiros nacionalistas non estarán presentes.
A actitude do Sr. Rocha demostra a pouca transparencia coa que comeza a Mesa de contratación, convocada a última hora telefonicamente para facela coincidir coa ausencia dun dos grupos municipais. Este feito fai que o BNG poña en dúbida a lexitimidade das decisións tomadas nesta reunión e serán os asistentes á mesma quen teñan que explicar porqué aceptan formar parte dunha Mesa convocada dun xeito que non pode seren menos que calificado de antidemocrático e oscurantista.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
E imos a máis tamén fai un adroctinamento político nas aulas dos institutos do Baixo Miño aos menores de idade, e non vos criticades e non o disimulades e contades co beneplácito do PSOE. ESTÁ CLARO QUE ISO E ILEGAL E VOS O FACEDES; que sepades que xa teño as probas po xulgado.
Anónimo dixo:
O mesmo fai o BNG en Tomiño, antes de facer as probas, a praza xa está dada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario