27 de xan. de 2011

A GUARDA

SAN XEROME E AVELAIÑA EN LISBOA

Na fotografía de arquivo, aparece un grupo de rapaces dos Centros San Xerome e Cercipóvoa de Lisboa, no primeiro dos encontros realizados entre as dúas entidades no ano 2004.

José Carlos González Blanco / A Guarda
Un grupo de mozos e mozas dos Centros San Xerome e Avelaiña, viaxan hoxe a Lisboa no marco do Proxecto europeo: “JÓVENES CON EUROPA: UN DIÁLOGO DE PARTICIPACIÓN E IGUALDADE”. Alí participarán, ata o domingo dia 30 de xaneiro, en diferentes actividades con mozos e mozas do Centro Cercipóvoa da localidade de Santa Póvoa de Iria, situada a 30 minutos de Lisboa.
O Proxecto consiste no acercamento de xoves con discapacidade intelectual i enfermedade mental as institucións democráticas, dende o ámbito local ata o Europeo.
Os obxectivos son o coñecemento das institucións e o seu funcionamento, valorar as decisións que se toman con respeto a discapacidade e achegar as inquedanzas e propostas os responsables das decisións.
Os participantes serán 16 rapaces e rapazas galegos e portugueses, coordinados dende o Centro San Xerome Emiliani, que tentarán que se escoiten as suas propostas para mellorar a sua realidade.
Nos próximos meses o grupo viaxará a Madrid e Bruxelas, grazas a concesión dunha axuda da Acción 1 “Juventud en Europa” do Ministerio de Sanidade e Política de igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario