RECREACIÓN, TÍTULO DA EXPOSICIÓN DE MARINA CASTRO QUE SE INAUGURA HOXE

Marina Castro inaugura esta tarde, ás 20:15 horas, a súa exposición RECREACIÓN, no Centro Cultural Deputación Ourense.
Os restos de materiais nunha fábrica onde industrialmente trabállase con chapa corten, chapa antidesgaste, chapa lagrimada, etc, levaron a Mariña Cas tro a pensar que ese material de desfeito podería ter unha segunda oportunidade. Era, neste caso, unha oportunidade plástica, unha oportunidade estética. Así eses recortes, moitas veces caprichosos, curvados, plegados e pintados cobraban unha nova vida. Servían estes restos para unha nova creación e, ao mesmo tempo, para a recreación plástica, para a observación e o goce, desde unha formulación espontánea, instintiva, case xestual. Estes traballos de Mariña Castro decoran a súa empresa (Kinetika) desde o principio e chegan ao Centro Cultural da Deputación tras pasar o exame dunha primeira mostra no Parque Tecnolóxico de Galicia. Agora, achéganse algo máis á cidadanía nesta mostra onde as esculturas tridimensionais iniciais dan paso a traballos máis planos pero mantendo a súa composición colorista e singular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario