26 de xan. de 2011

A GUARDA

O BNG DO BAIXO-MIÑO APOIA A FOLGA XERAL DESTE XOVES CONTRA O RECORTE DAS PENSIÓNS E O AUMENTO DA IDADE DE XUBILACIÓN

O responsábel comarcal Xosé Manuel Méndez advirte de que “o único obxectivo da reforma pactada por PP e PSOE é favorecer á banca e que a xente subscriba plans privados de pensións” e anima á sociedade galega a mobilizarse
Xosé Manuel Méndez, Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño
Infogauda / A Guarda
O BNG do Baixo Miño apoia a folga xeral convocada para este xoves, 27 de xaneiro, pola CIG contra o recorte das pensións e o aumento da idade de xubilación.
Xosé Manuel Méndez, responsábel comarcal do BNG alerta de que “estamos diante dunha nova agresión aos dereitos básicos dos cidadáns cun recorte das pensións públicas que vai ter máis repercusión na Galiza, onde xa temos pensións máis baixas que no conxunto do Estado e onde hai un maior número de pensionistas”.
Ademais, o aumento da idade de xubilación aos 67 anos prexudicará especialmente á mocidade galega, que con case o 40% de paro, xa atopa moitas dificultades para lograr un emprego.
Neste sentido,Méndez denuncia que este recorte “está apoiado con maior ou menor disimulo polo PP” e atribúeo “a políticas ditadas polos amos das finanzas e, polo tanto, están dirixidas a seguir mantendo os seus beneficios pero non a solucionar ningún problema social nin a crise”.

“É unha reforma inxustificada e inxustificábel”
Ademais, o Responsábel comarcal do BNG subliña que “non hai maneira de xustificar tecnicamente a necesidade desta reforma das pensións”.
A este respeito lembra que no 2010 “e a pesar de teremos o 20% de paro, a Seguridade Social segue a ter un superávit de máis de 65.000 millóns de euros”. O único obxectivo pois conclue o dirixente nacionalista “e meterlle medo a xente para que susbscriba plans privados de pensións para beneficio das grandes entidades financieras”. Por todo isto, o BNG apoia a folga xeral convocada pola CIG para o vindeiro xoves en toda Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario