9 de dec. de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN REDUCIRÁ O SEU PRESUPOSTO EN 12 MILLÓNS DE EUROS E APROBARÁ UN ORZAMENTO DE 73 MILLÓNS



A Deputación provincial reducirá o seu presuposto para o vindeiro ano 2011 nun total de 12 millóns de euros, para un orzamento xeral que será de 73.020.000 de euros. Hoxe foi entregado o borrador de presupostos aos representantes dos diferentes grupos políticos e será sometido a aprobación plenaria o vindeiro día 17 de decembro.
Esta reducción tan importante asentase en dous pilares. Por unha banda, a institución non acudirá ao endebedamento (cun aforro de 7,5 millóns de euros respecto ao ano anterior) e ó remate de diferentes programas de colaboración coa Unión Euroepa, que supoñen unha rebaixa de 4,4 millóns máis.

Por capítulos, o capítulo 1 (persoal) medra lixeiramente ao incorporarse novo persoal e novos servizos, vencellados básicamente á xestións de residuos, augas e medio ambiente en máis concellos.

Esto supón o mantemento do capítulo 2 de gasto corrente, que se ven se reduce en tódolos servizos, en termos absolutos mantense ao incorporarse novos concellos e novos servicios a prestar pola institución provincial.

O capítulo 3 de gastos financieiros medra lixeiramente pola situación dos mercados e o incremento do Euribor, mentres que o capítulo 4 de transferencias correntes (subvencións) baixa nun importe global de 1 millón de euros. En termos xerais, redúcenese as subvencións da institución nun 20 por cento.

O capítulo 6 de investimentos reais quédase en 11,5 millóns, mentres que os capítulos 6 e 7 de activos e pasivos financieiros teñen un leve incremento, no último caso porque o Decreto de medidas de aforro do goberno encarga dedicar parte do aforro a amortización de préstamos.

33,5 millóns para obras e servizos

Unha análise funcional do presuposto permítenos distribuir o mesmo por diferentes servizos ou áreas de actuación.

Así, para Obras e Servizos provinciais destínanse 33,6 millóns de euros. Neste grupo entrarían vías provinciais, parque móvil, augas e medio ambiente, infraestructuras, cooperación e limpeza.

Para educación, cultura e deportes destínanse 10,15 millóns de euros. Especial relevancia ten o apoio á UNED, á Universidade de Vigo no Campus de Ourense e ás escolas da Deputación, cun montante de 1,75 millóns.

Teatro Principal, Centro Cultural, biblioteca, edicións e publicacións así como axudas a actividades culturais e recreativas, música e festival de cine, reciben 4,63 millóns de euros. Para o Pazo dos Deportes e para o fomento do deporte en axudas a clubes e instalacións deportivas, o presuposto é de 3,76 millóns.

Para desenvolvemento agropecuario e rural destinanse 3,2 millóns, para acción social algo máis de 1,48 millóns e para informática e novas tecnoloxías 1,6 millóns de euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario