O BNG considera inxustificábel a suba dos prezos da piscina municipal
“A suba faise con informe desfavorábel da Intervención do Concello”
No pleno ordinario de decembro o grupo de goberno do PSOE aprobou a suba das prezos públicos da piscina municipal. A suba prevista vai dende o 4% para os socios, socias, aboados e aboadas a un 20% para o resto de usuarios que utilizan a piscina municipal.
Para o BNG non existe ningunha xustificación a unha suba de prezos, sobre todo en época de crise, sabendo que unha parte importante dos usuarios e usuarias da piscina municipal son mocidade e persoas da 3ª idade, sendo estes penalizados, unha vez máis, despois da conxelación das pensións que tiveron que soportar hai uns meses por parte do Goberno central do PSOE.
“É preocupante que esta modificación se faga co informe desfavorábel de intervención por non xustificarse o incremento do prezo público, sinal de que algo non se está a facer ben dende o grupo de goberno do PSOE” sinalou Xan Lois, portavoz municipal do BNG.
Hai que ter en conta que esta suba de prezos da piscina municipal faise en base a un informe técnico-financeiro emitido pola empresa concesionaria do mantemento das instalacións, sen ningún outro realizado desde o concello que xustifique a devandita suba.
Ante estes feitos, queda claro que tanto o Alcalde, D. X. M. Domínguez Freitas, como a Concelleira de Facenda, Dna. Montserrat Magallanes, están a facer deixación de funcións ao aprobar unha suba de prezos da piscina municipal con informes desfavorábeis da Intervención do Concello, cun informe técnico da empresa concesonaria e sen ningún informe técnico por parte do Concello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario