10 de nov. de 2010

A GUARDA

TIRARON MÁIS DE 7.000 EUROS EN FOGOS DE LUCERÍA E SEMELLA QUE NON HAI CARTOS PARA UNHA CANCELA

Infogauda / A Guarda

Esa é a imaxe que presenta a entrada o Parque do Cancelón, no Montiño. Como se pode apreciar, carece da cancela de madeira que o longo de bastantes anos formaba parte da porta dese recinto que é patrimonio de todos.
No mesmo recinto, hai outras sinais de abandono, como por exemplo, unha papeleira da que somentes queda o soporte, porque a cesta onde depositar o lixo nin se sabe onde foi parar.
O Parque do Cancelón non ofrece a imaxe que tivera noutrora. Paradóxicamente como remate das Festas do Monte Santa Trega deste ano queimaron máis de 7.000 euros en fogos de lucería. A factura foi emitida a nome do Concello de A Guarda. Esa é unha das lecturas. A outra posible, é que os máis de 7.000 euros pagámolos os veciños. Como pagamos os importes das adicacións exclusivas e as adicacións parciais, así como - por exemplo - o combustible e rodaxe de un vehículo rotulado como de Vías e Obras, pero que en ocasións fai presuntamente outros servizos.
Por certo, cándo pensan algúns presentar as contas das Festas do Monte Santa Trega, da edición deste ano e das precedentes, correspondentes a que podíamos denominar a época do Español?
Namentras non fagan públicas as contas de todos eses anos - xa as deberían haber presentado oportunamente e non o fixeron, polo tanto teñen acreditado a súa falla de vontade de face-lo -, non estarán lexitimados para atribuirse como mérito personal a transparenza que tanto invocaron o longo de máis de dúas décadas.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Toñito Uris dixo:
Pra os fogos si teñen diñeiro, pero pra arranxar e por en funcionamiento o semáforo de A Sangriña non. Xa non digamos pra por algún semáforo máis que regule a velocidad excesiva que circulan motos, coches e camións por varias rúas da nosa Vila e tamén algún Paso elevado pra tamén disminui-la xa que a certas horas pouco respetarían os semáforos. Resumindo A Guarda sigue tendo muitos outros problemas que afectan a muitos veciños e gastan o diñeiro en fojetes pese a que estamos en crisis, se non pois a cantidade sería maior.
Anónimo dixo:
SE COS 100 EUROS QUE CADA MEMBRO DA COMISIÓN DE GOBERNO EMBOLSA E QUE FAEN CADA SEMANA A VECES PARA TRATAR UN OU DOS TEMAS, .MULTIPLICADO POR CATRO FAEN UNS CATROCENTOS AO O MES, SE SON TAN DESPRENDIDOS QUE ESTÁN NA POLÍTICA PRA SERVIR O POBO, POIS CON TODO ESE DIÑEIRO QUE COBRAN EN UN PAR DE MESES DE RECAUDO PERFECTAMENTE FAERÍASE A CANCELA BEN XEITOSA.
O Picota di:
A Porta non é necesaria, e sempre foi un encordio. O que sería necesario e dotar a zoa con máis mesas, bancos de pedra, e mellor cas existentes, instalación de urinarios públicos, mellorar o alumeado público. Co resto da nota tes toda razón, os do pesebre presumen de ser democráticos, transparentes,..... caca de vaca, solo están para encher como os anteriores as alforxas, e tégula incha no Patrol como un sapo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario